-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular fai un chamamento para que os veciños utilicen a comisión de suxestións

24/08/2008

 
  • Cristina Ares: o equipo de Orozco "tende a resolver antes os problemas sobre os que se ve obrigado a facer un seguimento".
 

O vindeiro luns terá lugar unha nova reunión da comisión de suxestións. A súa presidenta, a popular Cristina Ares, volveu facer un chamamento aos veciños para utilizar esta canle de participación "xa que o Concello ten o deber de dar explicacións a calquera queixa, por mínima que sexa".

Ares valorou positivamente a evolución das reclamacións presentadas xa que o equipo de Orozco "tende a resolver antes os problemas sobre os que se fai un seguimento". A concelleira popular recordou que o Concello ten o deber de dar responder nun prazo máximo de tres meses ás peticións que se fan a esta Comisión.

Foto

Resumo do informe.-

Durante os meses de xullo e o que levamos do mes de agosto rexistráronse cinco queixas dirixidas á Comisión de suxestións:

  • Unha veciña de Santa María de Bóveda quéixase porque, o domingo 10 de agosto, estivo pechada a casa dos mosaicos. A veciña di textualmente "creo que se deberían respectar os horarios de apertura dun museo como este, porque eses detalles non dá unha boa imaxe".
    Na resposta o Concello descúlpase, e explica que a persoa encargada de abrir a casa dos mosaicos tivo que ausentarse para solucionar un problema do sistema de apertura do Centro de Interpretación da Praza do Campo.
  • Outra veciña da rúa dos Agros quéixase de que nun solar próximo a súa casa (nº 36) colocaron unha chea de dous metros de altura de abono de coello. A veciña explica que ao tapalo con plásticos "emana uns efluvios pestilentes e continuos que imposibilitan que se poda comer e cear na terraza".
    Este asunto está pendente de contestación.
  • Un veciño quéixase de que se publicitou un programa piloto de novas tecnoloxías no que participaron medio centenar de persoas. A denuncia que fai o veciño é porque os asistentes tiveron que contratar novos servizos telefónicos, e adquirir equipamentos informáticos para participar nesta experiencia e ao final todo quedou en nada.
    Asunto pendente de contestación.
  • Tamén se rexistraron dúas queixas máis de veciños relacionadas coa atención ao cidadán: unha porque se fixo nunha lingua diferente da solicitada, e outra porque se deixaron de dar números ás 13:31 horas.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo