-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular presentará esta tarde os puntos irrenunciables na negociación do novo regulamento de participación cidadá

21/08/2008

 
  • O goberno segue a frear e poñer impedimentos á partición real do movemento veciñal.
  • Cristina Ares: "Temos que esforzarnos para facer entre todos un bo regulamento: aquí non caben os saldos".
 

A concelleira popular, Cristina Ares, explicou que desde o momento no que se iniciou a elaboración do novo Regulamento de Participación Cidadá o Partido Popular deixou claro que "está aberto a chegar a acordos para facer entre todos un bo regulamento pero non para sacar tallada política. No ámbito da participación cidadá non caben os saldos", puntualizou Cristina Ares.

A concelleira popular, logo de analizar o último borrador facilitado onte, lamentou a pouca vontade política do equipo de Orozco á hora de dar participación ao movemento veciñal. Ares ve con sorpresa que "reduce á mínima expresión a súa presenza nos organismos ligados aos distritos, impedindo que os propios membros das asociacións designen libremente aos seus representantes".

Foto

Puntos irrenunciables na negociación para o Partido Popular.-

  1. Dividir a zona urbana en varios distritos e non un único como propón o equipo de goberno. Non ten lóxica crear distritos se se fai un único que englobe toda a cidade.
  2. Cada distrito debe contar cunha sección do rexistro xeral e unha oficina de información e atención ao cidadán. A súa función ha de achegar a administración ao cidadán.
  3. En canto á composición dos consellos de distrito o Partido Popular defende que se respecte a proporcionalidade dos grupos políticos, contando tamén ao concelleiro que preside o distrito.
  4. Os representantes do movemento veciñal, tanto no Consello da cidade como nos Consellos dos distritos e no Consello das entidades veciñais, han de ser elixidos en eleccións democráticas celebradas nos catro meses seguintes ao comezo dun novo mandato.
  5. O PP reclama que se regule a participación de calquera veciño de Lugo afectado por unha iniciativa que se debata en Pleno. No borrador do regulamento restrínxese este dereito de participar en Pleno a asociacións que adquirisen a condición de interesado na tramitación.
  6. Os populares tamén queren que a elección dos pedáneos quede regulada de forma que cando empece un novo mandato elíxanse democraticamente, nun prazo máximo de tres meses, a estes representantes da zona rural.
  7. No que alcanza aos orzamentos participativos:
    1. Deberá garantirse que exista un debate para priorizar os orzamentos no conxunto do municipio.
    2. Nunha parte do orzamento de gastos as propostas non han de ser meramente informativas se non que o Equipo de Goberno terá o deber de asumilas na elaboración dos orzamentos.

Ares, terminou a súa comparecencia recordando que grazas a unha iniciativa do Partido Popular Lugo terá neste exercicio os primeiros orzamentos participativos. A concelleira popular comprometeuse a velar para que o procedemento desenvólvase da forma acordada e non se limite a un adianto da consulta epistolar que viña facendo noutros exercicios.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo