| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide que se corrixa a dirección da oficina de turismo nos folletos que edita o Concello |
20/08/2008 |
|
| |
-
Pena Murias reclama que se retire a caseta de información da Praza da Constitución, pechada ao público hai tres meses.
-
"Onde está o único que fai é confundir aos turistas".
|
| |
O Grupo Municipal presentou un rogo para que o Concello corrixa de xeito inmediato a errata na dirección da oficina de información que figura nos folletos do Camiño Primitivo, que se están distribuíndo e nos que figura a dirección antiga. "Se non previron unha reedición que o corrixan cun cartón". Pena criticou que ao equipo de goberno "Pasáseselles por alto este detalle".
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Alicia Pena tamén reclamou a retirada, de forma inmediata, da caseta de información turística municipal, situada na praza da Constitución. "En tres meses tiveron tempo dabondo para sacala deste parque". Alicia Pena recalcou que onde está o único que fai é confundir aos turistas, xa que o único que fixeron é virar o sinal que apuntaba á caseta.
|
O texto do cartel, situado na fiestra lateral desta oficina móbil, e non na porta principal di: "Comunicámoslles que esta oficina municipal de turismo permanecerá pechada indefinidamente polo traslado dos seus servizos ao Centro de Interpretación da Muralla (praza do campo nº 11). Desculpen as molestias".
|
|
| |
|
Alicia Peña recriminou que o cartel estea unicamente escrito en galego, o que non parece lóxico nun punto de información turística que recibe xente de fóra da nosa comunidade. A xuízo da edila popular o que é máis grave é que non se fai indicación algunha de como chegar ata a nova localización: Nin un pequeno mapa, nin un esbozo, nin pista algunha permiten ás persoas que non coñecen á cidade, e que son os principais usuarios desta oficina, achar a súa nova localización.
A concelleira popular presentou unha pregunta para saber que a instalación da antiga oficina de turismo reutilícese para outros fins, tendo en conta que é móbil e nese sentido anunciou que presentará un rogo para o próximo pleno municipal.
|
|