| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica a Orozco por recuperar "con atraso e dun xeito incompleto" a proposta popular para implantar microbuses no casco histórico |
19/08/2008 |
|
| |
-
Joaquín García Díez recorda como en abril os socialistas rexeitaron, na comisión de tráfico, unha iniciativa moito máis completa presentada polo PP.
-
"Xa está ben de dicir non a ideas boas para Lugo para logo empeoralas e presentalas como propias"
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular critica ao equipo de goberno socialista de Lugo "por copiar mal e con atraso a proposta de implantar un servizo de microbuses no centro". "Trátase dun novo golpe de efecto do equipo de Orozco, e vese que é unha proposta pouco estudada e nada rigorosa", puntualizou García Díez.
"Xa de copiar, non temos inconveniente en explicarlles ben a nosa idea de transporte dentro do casco histórico, para evitar chapuzas como a da peonalización da rolda, un proxecto do PP que quedou descafeinado".
|
Joaquín García Díez dixo alegrarse "de que agora Orozco se expoña levar a cabo unha idea que o PP propuxo, en campaña electoral dentro do apartado "Lugo en circulación", e máis recentemente na comisión de tráfico celebrada en abril deste ano". A proposta non tivo boa acollida por parte do Equipo de Goberno, polo menos en aparencia, porque agora cópiana.
|
|
|
|
Joaquín García Díez lamenta que o equipo de Orozco prefira antepor os intereses de partido aos intereses dos veciños: "Son reticentes a aprobar iniciativas positivas para o Concello cando o autor é o PP, prefiren deixar pasar un tempo para logo presentalas como súas".
A idea do Partido Popular era moito máis completa que a que acaba de anunciar o alcalde. O que se pedía era comunicar sete liñas de autobús nun intercambiador que se podería situar na Rolda da Muralla. Para os traxectos polo recinto amurallado propúñase o uso de microbuses eléctricos, cun tamaño reducido, silenciosos e non contaminantes.
Resumo da proposta do Partido Popular debatida en comisión.-
O Grupo Municipal Popular propón a creación dun intercambiador, con varias lanzadeiras, na Rolda da Muralla, á altura de Obras Públicas. O obxectivo deste sistema é desdobrar as liñas 1A (Acea de Olga-Piringalla); L3 (Fingoi-Ramil); L4 (A Tolda-Abella); L6 (Montirón-A Residencia); L7A (As Gándaras - Cemiterio; L8 (O Carqueixo- Os caraveis) e a L9-A (O Ceao-San Roque) para realizar o traxecto dentro do casco histórico con microbuses.
A idea é que só entren dentro de murallas estes vehículos de tamaño reducido, silenciosos e que non contaminan. Deste xeito os autobuses convencionais continuarían o itinerario pola Rolda da Muralla cara aos seus destinos, mellorando as frecuencias actuais.
O intercambiador da Rolda da Muralla serviría de lanzadeira conectando estas sete liñas de autobús convencional cunha liña de microbuses que circularían unicamente polo recinto histórico. O custo sería de cero euros para os viaxeiros xa que empregarían o mesmo billete.
A frecuencia estimada destes microbuses sería de 5 minutos, con posibilidade de acurtar o horario. Para conseguir este intervalo de tempo sería suficiente contar con 3 microbuses xa que o itinerario polo casco histórico tería unha duración de aproximadamente 15 minutos.
O Grupo Municipal Popular expón que ademais das paradas na praza e mercado e en Santo Domingo permítase o acceso dos microbuses ata a Praza Maior ou ata o Edificio Administrativo do Seminario.
|
|