| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica o atraso da ampliación da piscina climatizada de Frigsa |
19/08/2008 |
|
| |
-
Orozco foi incapaz de xestionar ante a Xunta esta infraestrutura prometida xa no anterior mandato.
-
Rozas recórdalles aos responsables da administración local e autonómica "que o seu compromiso con Lugo demóstrase con investimentos".
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia o atraso da ampliación da piscina municipal de Frigsa. Enrique Rozas criticou ao Concello e á Xunta de Galicia por paralizar este proxecto durante varios anos.
O último anuncio é do verán de 2006 onde a Xunta comprometeuse sacar a concurso o proxecto do segundo vaso da piscina climatizada, pero o investimento nunca chegou a Lugo.
O concelleiro popular pediu, "xa que a estas alturas aínda se está a tempo", que no proxecto de ampliación figure a reforma para renovar a zona de vestiarios, duchas e servizos, que na actualidade están obsoletos. "Hai que ter en conta que a piscina de Frigsa, inaugurada en setembro de 1990, ten unha alta ocupación, habendo días nos que se exceden os 800 usuarios".
|
Unha vella demanda.-
No programa do Partido Popular para as eleccións municipais de 2003 presentouse un proxecto de ampliación desta piscina que consistía na construción dun novo vaso que permitiría alixeirar a masiva ocupación, que xa daquela existía.
|
|
Por parte do Goberno prometeuse non só ampliar esta instalación senón tamén a construción doutras piscinas na cidade (Abella, Sanfiz). A realidade é que a día de hoxe "próximo ao comezo do próximo curso deportivo 2008-2009, en Lugo seguimos contando coa mesma oferta, a que deixou feita o Partido Popular, no tocante a instalacións para a aprendizaxe e a práctica da natación".
O concelleiro popular vaticina que de aquí á convocatoria das próximas eleccións autonómicas "haberá novos anuncios de ampliación da piscina climatizada de Frigsa", pero teme que queden en nada do mesmo xeito que ocorre con outras infraestruturas que en períodos electorais preséntanse sistematicamente pero que ao final non se materializan.
|
|