-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Lugo necesita melloras no camiño primitivo para lograr que se popularice esta ruta entre os peregrinos a Santiago

16/08/2008

 
  • A concelleira popular Alicia Peña presentou un informe en que se analizan as principais carencias desta ruta.
  • O Camiño Primitivo, con mil anos de antigüidade, é a ruta que utilizaron os primeiros peregrinos.
 

A concelleira popular Alicia Peña presentou hoxe un informe, tras percorrer o tramo que discorre polo Concello de Lugo do Camiño Primitivo, en que denuncia as deficiencias e propón melloras para a promoción do mesmo.

Para a concelleira, "non se pode pedir a ninguén que publicite un traxecto que está en tan lamentables condicións".

Desvíos incorrectos, pavimento en mal estado, lixos, falta de lugares de acollida e unha pésima imaxe da ciudade á entrada do camiño son, para Alicia Peña, os principais problemas que presenta esta ruta.

O Grupo Popular cre que "cando hai interese en promocionar a cidade en terras afastadas, chama a atención que se descoiden os temas próximos. Que pensaría un turista da nosa hermanada cidade chinesa se se lle ocorrese facer un tramo do camiño e se atopase a cuneta chea de lixo ou a deprimente entrada á cidade que os recibe?".

Foto
   

Podes descargar o informe picando aquí (en castelán)

 
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
   
Foto
 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo