-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón que a nova oficina de información europea do CEI amplíe competencias e se abra a toda a cidadanía

14/08/2008

 
  • Ares critica que o servizo "de longo alcance" que o goberno puxo en marcha en xullo está este mes pechado por vacacións.
  • "O Concello, neste mes de agosto, nin tan sequera foi capaz de pór un substituto ao único técnico que atende nesta oficina"..
 

O Grupo Municipal Popular presenta un rogo para o próximo pleno para que se amplíen as competencias da nova oficina de información europea a toda a cidadanía, e que non se cinga unicamente a brindar información aos mozos.

Cristina Ares afirma que o goberno utiliza escusas de mal pagador cando propón limitar o traballo desta oficina: "Afirman que teñen experiencia doutros programas de mocidade como o Leonardo, cando ata o momento só se beneficiaron 7 mozos".

A edil popular pide que se traballe con seriedade xa que cando se anunciou, no mes de xullo, a posta en marcha desta oficina de información europea do CEI o goberno vendeuna como "un servizo de máis alcance, cando en realidade funciona baixo mínimos" cando funciona porque no mes de agosto, o Concello nin tan sequera preocupouse de pór un substituto ao único técnico de emprego que traballa nesta oficina".

res insiste en que "as dificultades que se presentan aos veciños de Lugo para aproveitar as oportunidades que lles brinda a Unión Europea van moito máis alá da información e que ese aspecto está amplamente cuberto grazas ás páxinas web das institucións europeas así como a través de todo tipo de sinxelos boletíns en papel e electrónicos que publican múltiples entidades públicas e privadas españolas".

Foto
   

No rogo que presenta o Grupo Popular tamén se fai fincapé en que esta oficina debería, ademais de dar información, ofrecer un servizo de axuda para elaborar propostas, procura de socios noutros países e abrir as instalacións do CEI-NODUS a todos os axentes sociais lucenses que necesiten estas dependencias para presentar as súas propostas publicamente e ata para reunións cos socios.

Espazo de cooperación e aprendizaxe.-

Na actualidade hai abertas convocatorias de interese xeral que requirirían do servizo dunha oficina europea que traballe cun modelo como o que se propón. Por exemplo estas dúas convocatorias están abertas pero sen axuda é moi complicado que se consiga a subvención:

  • EAC/26/08 ACCIÓN PREPARATORIA AMICUS: Destinada, ademais da organismos públicos, a ONGs ou asociacións sen ánimos de lucro cuxa actividade principal estea enfocada ao voluntariado de mozos.
  • E-PARTICIPATION 2008: Poderían beneficiarse persoas xurídicas lucenses interesadas no desenvolvemento de ferramentas TIC e solucións innovadoras que permitan aos cidadáns expresar a súa opinión e interactuar coas institucións europeas, visualizar o impacto normativo ou dotar de maior transparencia aos procesos de toma de decisións.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo