| |
O Grupo Municipal Popular consegue o apoio de PSOE e BNG para a creación dunha rede de parques biosaudables na cidade |
13/08/2008 |
|
| |
|
| |
PSOE e BNG votaron esta mañá a favor da proposta da concelleira do Grupo Popular, Sofía López Linares, para crear en Lugo unha rede de parques biosaludables para maiores en xardíns e paseos de Lugo.
O equipo de goberno asegurou que o primeiro que se montará na cidade será o do parque da Milagrosa, aínda que non concretou prazos nin o número de unidades. Sofía López pide aos socialistas que sexan ambiciosos con este proxecto e que non quede nun simple aparello tal e como se fixo no parque que hai na praza Vermella, onde "hai unha única unidade no medio do parque infantil".
|
López Linares recordou como os aparellos que se utilizan nestes parques facilitan a práctica de exercicio aos adultos contribuíndo dun xeito activo, na mellora da saúde e no entretemento dos veciños lucenses.
|
|
| |
|
Na comisión permanente ordinaria de muller e benestar social, presidida pola concelleira Sofía López, aprobouse cos votos do PP e PSOE, e a abstención do BNG, o proxecto de modificación do regulamento da organización e funcionamento do foro de participación cidadá en materia de igualdade. |