| |
|
|
| |
O descenso do nivel de execución de ingresos é a mellor proba da falta de compromiso da Xunta con Lugo |
12/08/2008 |
|
| |
|
| |
O Grupo Popular criticou o triunfalismo co que o equipo de goberno presenta os datos da conta xeral do orzamento de 2007 e insiste "na necesidade de que leve a cabo un plan de reaxuste económico de face ao próximo exercicio, como condición sine qua non para dar o apoio aos orzamentos de 2009".
Para os populares a lectura dos datos facilitados polo goberno evidencian claramente a necesidade de levar a cabo medidas correctoras de face a reducir o gasto corrente en xeral e os gastos superfluos, en particular, como os de representación, protocolo, publicidade e propaganda. "O Concello malgasta en gasto corrente á conta dos investimentos en infraestruturas e outros bens de capital", puntualizou Ares.
|
A xuízo de Cristina Ares que o gasto corrente suba ao 16%, roldando os mil euros por habitante é preocupante, polo que o Grupo Municipal Popular demanda un maior esforzo investidor xa que nos orzamentos de 2007 só supuxo o 0´19.
|
|
| |
|
Ares foi moi crítica coa falta de compromiso das distintas administracións con Lugo , e da escasa capacidade reivindicativa do equipo de Orozco ante a Xunta e o Goberno da Nación: "É rechamante que sendo do mesmo partido político a estas alturas non se fixeron efectivas transferencias para proxectos vitais para cidade. Unha realidade que o propio goberno recoñece xa que confirma que o nivel de execución dos ingresos do exercicio 2007 descendeu".
Os populares critican "que o goberno de Orozco se empeñe en vender como un logro o pago de deberes de pago, xa desde a chegada dunha factura ao Concello, tárdase en abonala unha media de 43 días".
|
|