O Grupo Municipal Popular anima á cidadanía a que presente as súas propostas de face á elaboración dos orzamentos municipais de 2009. A concelleira popular, Cristina Ares, recordou que a implantación, por primeira vez no Concello de Lugo, dos orzamentos participativos xorde grazas a unha iniciativa do Grupo Popular que no pleno de xuño conseguiu o apoio do equipo de goberno, que fixo prosperar esta proposta a pesar da abstención do BNG.