-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide a González Dopeso maior sensibilidade que o seu antecesor ante os problemas da zona rural

10/08/2008

 
  • Manuel López reclama melloras para a parroquia de Romeán: "A zona deportiva necesita unha urxente reparación, hai unha deficiente iluminación no campo da festa, e as pistas están nun estado lamentable".
 

O concelleiro popular Manuel López expresou o seu desexo de que o novo responsable da zona rural, Liño González Dopeso, demostre unha maior sensibilidade que o seu antecesor á hora de solucionar os problemas das parroquias de Lugo.

Nese sentido os populares trasladan unha petición dos veciños de Romeán na que reclaman que se recupere e arrómbese a pista deportiva desta parroquia.

Manuel López criticou que Orozco e o seu equipo abandonasen esta zona de esparexemento que o PP realizou na súa etapa de goberno e á que ?nin tan sequera preocupáronse de facer un mantemento mínimo?. O concelleiro popular recorda como antes, nesta pista deportiva, facíanse torneos entre distintas parroquias, con bastante afluencia de público. ?Agora está todo abandonado: as pistas, bancos e canastras presentan un estado lamentable?.

Grupo Popular tamén pediu que se poñan novos bancos e piden xogos novos para zona infantil que na actualidade presenta unha ?selvática imaxe, con maleza e randeeiras oxidados".

Foto
   

Sen saír da parroquia de Romeán os populares poñen sobre a mesa outras vellas reclamacións dos seus veciños que seguen pendentes da mellora da iluminación do campo da festa, pedindo en concreto que se restaure o punto de luz que había no centro da parcela.

Para rematar os populares criticaron que o equipo de goberno non investise, na última década, nin un só euro en asfaltado de pistas desta parroquia.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo