-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia que Lugo estivo onte sen servizo de bombeiros durante varias horas

08/08/2008

 
  • Os profesionais de garda tiveron que participar na extinción dun incendio en Friol.
  • Enrique Rozas: "Non é admisible que nunha cidade de 94.000 habitantes contemos na quenda de hoxe cun ridículo servizo de cinco efectivos".
  • Rozas pide ao goberno que se tome en serio a dotación de efectivos, xa que na actualidade o persoal do servizo é escasa e ten unha media de idade elevada.
 

O Grupo Municipal Popular denuncia que a cidade de Lugo quedou, durante varias horas do día de onte, sen servizo de bombeiros. Enrique Rozas explicou que os efectivos de garda tiveron que atender unha chamada para sufocar un incendio dun taller en Friol.

O concelleiro popular considera moi grave que quede descuberto o servizo da capital e pregúntase, no caso de necesitar bombeiros para atender unha urxencia na cidade a quen se acudiría".

Nestes momentos o cadro de persoal dos bombeiros de Lugo está formado por 47 profesionais, e a media por quenda é de 6 efectivos, aínda que ás veces redúcese o número de efectivos: "Hoxe por exemplo só hai cinco de garda, e estes profesionais terán que atender o servizo 24 horas xa que a próxima substitución será mañá ás nove".

Enrique Rozas pediulle ao Concello que se tome en serio a dotación de persoal tanto para este corpo como para o da policía local xa que as previsións para o próximo ano son "de xeito evidente insuficientes". O concelleiro popular indicou que a finais deste ano está previsto que se xubilen tres bombeiros, e en 2009 causará baixa por este mesmo motivo outro profesional. O Concello só previu sacar a concurso dúas prazas, e as once restantes corresponden aos interinos que actualmente prestan servizo no cuartelillo de bombeiros.

Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo