| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón a creación de parques biosaludables para maiores en xardíns e paseos de Lugo |
06/08/2008 |
|
| |
- Sofía López Linares presentará a iniciativa na próxima comisión de Benestar Social: "Cremos que hai que priorizar o investimento en saúde á conta doutros gastos máis superfluos".
- Os parques biosaludables xa funcionan en capitais de provincia e concellos de toda Galicia. Unha dotación con quince unidades non chega aos 11.000 euros.
- Os aparellos que se utilizan facilitan a práctica de exercicio aos adultos contribuíndo dun xeito activo, na mellora da saúde e no entretemento dos veciños lucenses.
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón ao equipo de goberno ?a creación de parques biosaludables para maiores en xardíns, paseos e espazos abertos da cidade?. A concelleira popular, Sofía López, reclama que se acondicionen progresivamente estas instalacións e suxire que se empece polas zonas verdes máis concorridas como o parque da Milagrosa, o do Miño, Rosalía, Parque dos Paxariños, recinto feiral...
Sofía López Linares explicou que presentará esta proposta na próxima reunión da Comisión de Benestar Social co ánimo de que o goberno local apoie a iniciativa: ?A idea é integrar estes espazos no lecer dos veciños, implantando estes parques para maiores do mesmo xeito que xa están os dos xogos infantís?.
|
Características.-
Estes parques biosaludables están dotados con aparellos que permiten a práctica de exercicio físico aos adultos e axudan á rehabilitación. As unidades para facer estiramentos, abdominais, lumbares e fortalecemento de distintos músculos... son de fácil manexo, e o seu mantemento é mínimo.
|
|
| |
|
López Linares explicou que un parque, cunha media de 15 unidades de aparellos biosaludables, e con mobiliario urbano incluído, non chega aos 11.000 euros.
A concelleira popular explicou que se poden crear zonas de 2 tipos: delimitar a zona facéndoa coincidir cun parque infantil ou ben distribuír as unidades nunha ruta de paseo.
Estas dotacións biosaludables xa funcionan, con gran éxito, en numerosas cidades galegas como Santiago, e ata en localidades de pequeno tamaño do sur da provincia como Samos, Quiroga, Bóveda, Folgoso, Ribas de Sil...
Para os populares coa posta en funcionamento destes parques biosaludables cóbrese unha necesidade social colaborando así, dun xeito activo, na saúde e no entretemento dos veciños lucenses facilitando o equilibrio físico e psíquico que cada persoa necesita en cada momento da súa vida.
|
|