| |
|
|
| |
O PP congratúlase do inicio das obras da pista entre O Burgo e Palas |
03/08/2008 |
|
| |
|
| |
O Partido Popular mostrou hoxe a súa satisfacción porque a obra da estrada do Burgo a Pas, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,6 e 3,3, vaia executarse por fin.
En opinión dos populares do Grupo Municipal e do Grupo Provincial do PP, o movemento veciñal foi fundamental para que esta estrada se faga e, neste sentido, recordan a recollida de firmas e posterior entrega tanto no Concello como na Deputación.
|
O concelleiro da zona rural do PP, Manuel López, indicou que o atraso acumulado non ten explicación, pero agora o importante é que a obra se faga, e que se acometa nas condicións técnicas correctas e, o fundamental, canto antes.
|
|
| |
|
Ademais, o concelleiro do PP chamou a atención tamén sobre o feito de que nada se sabe do resto dos tramos, especialmente do que discorre entre os puntos quilométricos 3,3 e 5,3, e que está a causar preocupación aos veciños polo atraso que xa acumula e polo feito de que o Sr. Liñares comprometeuse a que se ía a modificar.
O edil popular recorda que o Grupo Municipal Popular xa se interesou polos prazos de execución deste proxecto nun dos plenos da corporación municipal sen que ata o momento se tivese constancia de novidade algunha.
|
|