Na reunión de hoxe da Comisión de Festas, tratouse o tema do pregoeiro para as próximas festas de San Froilán. Neste punto o PP apoiou a proposta feita polo PSOE de que o pregoeiro das festas para o ano 2008 sexa Don Pablo Bravo Lozano (Embaixador en misión especial para o ano de España en China).
Pola súa banda, o Grupo Municipal Popular pediu que para anos futuros se solucionase definitivamente a forma de elección do pregoeiro, propondo dous sistemas: ou un rotatorio, en que cada grupo propoña un pregoeiro cada ano, ou mediante unha votación na que cada grupo teña un voto ponderado pero cuxo resultado se acatara por unanimidade. Aceptouse esta segunda proposta, quedando reflectida en acta do seguinte xeito.