| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón ao Alcalde a creación dun equipo de técnicos municipais para o control dos erros do PXOM |
31/07/2008 |
|
| |
| |
- Confírmase, tal e como temía o PP, que o novo documento entregado por Orozco segue a ter erros e non recolle os acordos adoptados en reunións anteriores.
- Chegados a este punto, o Grupo Municipal Popular cre que dada a ineficacia (por ser xenerosos) de Orozco só un equipo de técnicos municipais pode garantir un Plan libre de erros.
|
|
O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Jaime Castiñeira, reiterou hoxe en rolda de prensa o malestar do Partido Popular ante a situación do PXOM, que continua con erros que, aínda sendo subsanables, fan necesario que se realicen diversas modificacións coa máxima urxencia.
Para Castiñeira, ?o máximo responsable do estancamento do PXOM é o alcalde, que foi incapaz logo de nove anos de goberno, de sacar adiante un documento básico para o desenvolvemento da cidade? O concelleiro popular denuncia que o equipo redactor fai caso omiso dos acordos alcanzados nas diferentes reunións da comisión de achaiadura polo que solicita do alcalde que dunha vez por todas exerza como tal.
|
O PP volveu detectar que parte das decisións acordadas por unanimidade en reunións anteriores foron totalmente ignoradas, xa que o documento segue mantendo graves defectos que supón a afectación de parte das edificacións da cidade. Jaime Castiñeira citou algúns exemplos: Avenida das Américas, Rúa Orense, Ribadeo, García Portela, Conde Fontao, etc., a pesar de que algunhas licenzas foron aprobadas recentemente polo Goberno Municipal. |
|
Castiñeira indica que na zona da vivendas de Frigsa non se tiveron en conta os acordos establecidos, do mesmo xeito que na rúa Juana a tola con Rei Chiquito ,Fonte dous Ranchos, fronte de Marqués de Ombreiro, etc.
Propón ao Alcalde que se forme un equipo de tecnicos municipais para supervisar e controlar claramente este traballo porque o PP non quere ser responsable dun Plan con este tipo de erros
Outros erros son que en varios puntos os planos de xestión non coinciden cos de ordenación, e hai rúas consolidadas onde se aumentan o número de plantas como na cale Conde e noutras onde se reduce por exemplo o edificio do colexio de Avogados.
|
|