| |
|
|
| |
O PP apoia reducir o 40% de vivenda protexida en solos urbanos non consolidados |
29/07/2008 |
|
| |
| |
- Dentro do proceso de adaptación do PXOM á nova lei do solo, o PP quere incluír a redución dese 40% para facilitar o seu desenvolvemento, xa que son terreos cun maior custo de urbanización.
- O PP comezará hoxe a examinar o PXOM para comprobar se inclúe todos os acordos adoptados.
|
|
O Grupo Municipal Popular iniciará mañá o estudo do documento completo do PXOM, coa finalidade de comprobar se se tiveron en conta os acordos das reunións de traballo e as propostas do PP.
Na reunión da Comisión Especial de Estudo da Achaiadura celebrada hoxe, o PP manifestou que "alegrámonos de que por fin teñamos á nosa disposición o documento do PXOM para poder estudalo e comprobar se recolleron no mesmo os acordos das reunións de traballo e as achegas que fixo o PP".
Nun principio, segundo as manifestacións de equipo redactor, pódese cumprir o calendario previsto, coa aprobación provisional pola corporación a finais de outubro ou principios de novembro, dependendo en gran medida de se a Consellería de Cultura esgota ou non os tres meses que ten para emitir o seu informe.
|
"Segundo se nos informou, a Consellería de Cultura solicitou o día 16 de xullo que se dilixenciara toda a documentación remitida o día 4 e ao mesmo tempo que se lle enviasen os tres tomos que faltaban, o cal se fixo o día 24, co que este proceso supón un atraso de algo máis dunha semana".
|
|
En canto á incidencia da Lei de Medidas Urxentes en materia de Vivenda e Solo, o Grupo Municipal Popular, despois de que o equipo redactor confirmase que non ía supor ningún atraso dado que practicamente xa está adaptado, apoiou que se modificasen no posible as porcentaxes do 40% de vivenda protexida en chans urbanos non consolidados e chans urbanizables, reducindo esta porcentaxe nos non consolidados, dado que estes teñen un maior custo de urbanización e co obxecto de de facilitar o desenvolvemento dos mesmos. |
| |
|