| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia o lamentable estado do Museo de San Roque |
27/07/2008 |
|
| |
| |
- Teresa Taboada "Unha vez máis temos que recordar ao señor Orozco que os museos, ademais de construílos, hai que mantelos".
- "Nunha época do ano en que se reciben máis visitantes á cidade non parece lóxico ter os centros de interese turístico nesas condicións".
|
|
Teresa Taboada denuncia, unha vez máis, que "Lugo non está en condicións de dar a súa mellor imaxe aos visitantes que chegan á cidade no verán". O Grupo Municipal Popular recolle así a denuncia de que o Museo de San Roque, do mesmo xeito que outras dotacións culturais e puntos de interese turístico da cidade (a fiestra arqueolóxica da Rúanova, o Parque de Rosalía...) non están en condicións de dar a mellor imaxe da nosa cidade.
"Non só polos turistas, senón, o que é máis importante, polos lucenses, os edificios e espazos públicos, os museos, parques e monumentos han de estar en condicións, senón perfectas, polo menos dignas. En Lugo non é o caso".
|
Desde o equipo de goberno fálasenos continuamente do incremento de visitantes á nosa cidade, e das dotacións culturais que gozan en Lugo. Nunha cidade sen un auditorio que mereza tal nome, ou con museos como o de San Roque co lamentable aspecto que presenta hoxe día, non sabemos que tipo de impresión pódese levar o turista. Desde logo a do lucense non é positiva. "En San Roque, por exemplo, non hai unha triste papeleira onde tirar un papel ou unha botella".
|
|
Gastos de mantemento.-
Desde o Grupo Municipal Popular, consciente da crise económica que se está vivindo, e tras o anuncio de que o Concello se "apertará o cinto", recórdase ao señor Orozco que "os museos ademais de construílos hai que mantelos". Se non se atenden correctamente as escasas dotacións que ten Lugo, parece difícil cumprir se se aumenta cun Museo Interactivo da Historia de Lugo, un Museo da Romanización, o Auditorio... Obviamente estamos a favor de que haxa dotacións en Lugo, pero hai que prever os custos de explotación e mantemento que carrexan.
Taboada apunta que "o Museo de San Roque é un claro exemplo do pasotismo do Goberno Local en manter o pouco que temos, e nin os lucenses nin os nosos visitantes merecemos chegar a un museo e velo cheo de pintadas e sucidade".
|
|
|
|
|
|
| |
|
|