-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Castiñeira amosa a preocupación do PP de que a lei de medidas urxentes para a vivenda e solo sexa unha escusa para atrasar máis o PXOM

24/07/2008

 
 
  • A comisión de Planeamento, convocada para o luns, leva na orde do día un punto sobre a "incidencia" desa lei.
  • O Concello enviou a última versión do PXOM á Xunta sen mostrala á oposición, polo que o PP non tivo acceso ao documento desde primeiros de xuño, e non sabe se recolle as últimas modificacións acordadas.

Ante a convocatoria feita onte da comisión de Planeamento, que terá lugar o vindeiro luns ás 11:00, o concelleiro popular Jaime Castiñeira mostrou o contento do Grupo Municipal Popular de que por fin se convoque unha comisión que o PP leva pedindo desde Xuño.

Jaime Castiñeira: "Benvida esa comisión, pero o que nos preocupa é o segundo punto da orde do día, que fala da incidencia da lei 6/2008 sobre medidas urxentes en materia de vivenda e solo ".

O segundo punto da orde do día titúlase concretamente "Incidencia da Lei 6/2008 do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, pola que se modifica a lei 9/2002 do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia", e a preocupación de Castiñeira é que isto lle sirva ao señor Alcalde, que é o responsable deste tema, de desculpa para aprazar novamente o Plan Xeral. Lugo non pode asumir máis atrasos, e máis nun momento como este, dunha crise económica tan profunda como a que estamos a vivir ".

Sempre haberá normas que día a día afecten ao Plan Xeral, sexan novas leis ou modificacións de normativa. "O preocupante é que estamos a falar dun tema que xa se tratou na Comisión, e que teoricamente quedara resolto".
Foto

O que o PP non pode garantir é que os compromisos aos que se chegaron nas últimas reunións sexan reflectidos no PXOM, xa que o Concello enviou a última versión á Xunta de Galicia sen mostralo á Oposición e sen estar completo. Hai que ter en conta que non sería a primeira vez que modificacións acordadas por unanimidade dos grupos non se recollen despois polas redactoras do Plan.

 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo