| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular demanda do Goberno Local unha sinalización axeitada para a zona rural |
23/07/2008 |
|
| |
- Percorrer os preto de 500 kilómetros de pistas é unha aventura se non se coñecen ben os camiños, xa que non hai sinalización axeitada.
- Os case 300 núcleos de poboación do municipio están escasos de sinalización, e a que hai está en moi mal estado.
- O PP propón carteis para cada parroquia, sinais direccionais e de núcleos, e indicacións de lugares de interese patrimonial e turístico.
|
|
Percorrer a zona rural de Lugo, se non se coñece ben o camiño a seguir ata o destino, pode ser toda unha aventura. A deficiente sinalización na zona rural neste momento dificulta o acceso aos núcleos de poboación, sobre todo no verán cando vén xente de fóra que non coñece os camiños de Lugo.
Non existen sinais direccionales na maioría dos cruces, e onde as hai están en mal estado, moitas delas tapadas pola maleza ou golpeadas de xeito que non cumplen a súa función. Ao chegar aos núcleos non hai sinais de poboación á entrada e saída por cada estrada, polo que a xente non sabe a ónde está a chegar.
|
|
|
Importante rede viaria municipal.-
Nun municipio como Lugo, con casi 300 núcleos de poboación (297), e uns 500 kms de pistas de titularidade municipal, as persoas que non a coñezan con bastante seguridade atópanse cun laberinto de difícil solución. |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A situación é moito máis grave pola despoboación que sufre a zona rural, xa que hai uns anos aínda se podía preguntar a algún veciño que pasara por alí, pero hoxe esto casi é imposible. O futuro da zona rural pasa pola repoboación, pero senón hai servizos básicos os cidadáns seguirán migrando cara á cidade. |
| |
|
Propostas populares.-
No programa electoral do Partido Popular para as municipais de 2007, se incluía a sinalización de todos os núcleos de poboación, colocando ademáis paneis á entrada das parroquias sinalizando a ubicación de cada núcleo para axudar a orientarse a quen non os coñeza ben. Este tipo de sinalizaci´no existe en concellos limítrofes a Lugo. |
|
No programa popular, tamén se incluía a sinalización de puntos de interese cultural e turístico, xa que hoxe en día nos atopamos con situacións pouco apropiadas, como é o caso dos Lagos de Teixeiro, que só se atopan con facilidade se o visitante ten memorizado o camiño, porque a sinalización é deplorable.
O Grupo Municipal Popular considera que é importante localizar e sinalizar axeitadamente os posibles recursos turísticos do municipio de Lugo, xa que hai unha importante bolsa de “turismo verde” no que Lugo pasa desapercibido a pesar da súa riqueza natural.
Decreto da Xunta.-
O D.O.G. do 9 de xullo publicaba o decreto de sinalización turística de Galicia, no que se regula a sinalización deste tipo en toda a Comunidade Autónoma, coa obriga de que en dous anos todas as sinais sigan as especificaciones desta norma. Este decreto regula as cores, os deseños, tamaños… da sinalización, polo que o Grupo Municipal Popular pide que o goberno local se poña a traballar para que, como di Manuel López “dentro de dous anos non estemos solicitando axudas para facelo”.
|
|