-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia que os veciños da zona rural sofren a desidia do goberno local na recollida de lixo

19/07/2008

 
  • En Romeán, Ombreiro, As Regas e outras moitas parroquias de Lugo, os veciños ven como os colectores están cheos pero ninguén os baleira.
  • Manuel López: "A recollida selectiva no rural é unha gran cousa, pero hai que recoller, non vale con ter colectores de cores".
  • Nos meses de verán esta situación agrávase polo aumento da poboación da zona rural e a rápida degradación do lixo pola calor.

O concelleiro popular Manuel López faise eco da protesta dos veciños da zona rural sobre a recollida de lixo nas parroquias de Lugo.

Os veciños de parroquias como Romeán, As Regas, Ombreiro e outras moitas fixeron chegar as súas protestas pola deficiente frecuencia de recollida de lixo, que fai que os colectores estean cheos e os desperdicios soborden.

 

Foto
Manuel López, chama a atención sobre este problema, que nos meses de verán agrávase notablemente. "Non se pode esquecer que no verán moitas casas da zona rural, que no inverno están baleiras, no verán ocúpanse por familias que veñen pasar as súas vacacións ou a visitar á familia". "Un aumento de poboación do rural implica máis atención aos servizos básicos como a recollida de lixos".
   

"Por se o aumento de poboación non fose suficiente, a calor do verán aumenta as molestias, os cheiros, e o risco sanitario que supón ter o lixo sen recoller".

Foto

Manuel López, seguindo coa loita do Partido Popular de que os veciños da zona rural non sexan considerados polo goberno local como cidadáns de segunda, reclamou que se cumpra de inmediato o acordo do pasado Pleno do mes de Abril para que se poida dar solución inmediata a este problema.

Nese pleno conseguiuse un acordo para que se faga un estudo das necesidades das parroquias de Lugo no tocante á recollida de lixo.

Esta proposta, aprobada cos votos favorables de PP e BNG e coa abstención do PSOE, permitirá que cada parroquia teña un servizo de recollida de lixo idóneo para as súas necesidades, xa que, como manifesta Manuel López, "nunha parroquia con pouca xente pode bastar unha recollida semanal, pero na maioría son necesarias dúas, tres ou poida que ata catro recollidas semanais. O que non ten sentido é facer unha norma común cando as situacións son totalmente diferentes. É necesario adaptarse ás necesidades do rural non só dunha parroquia a outra senón tamén dunha época do ano a outra".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo