-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón a posta en marcha dun Consello Municipal da Mocidade

16/07/2008

 
  • Cristina Ares esixe a Orozco e o seu equipo un compromiso real coa participación cidadá e que se abandonen os xestos de face á galería.

O Grupo Municipal Popular reclama a creación do Consello Municipal da Mocidade de Lugo. Cristina Ares explicou que este sería o primeiro consello sectorial que se poría en marcha tras a entrada en vigor do Regulamento de Participación Cidadá.

Cristina Ares presenta esta proposta confiando que na reestruturación do Goberno Municipal se dea a importancia que merece ao fomento da participación da mocidade na vida municipal.

 

A finalidade do consello Municipal da mocidade sería o impulso da participación dos mozos e mozas lucenses e o enriquecemento da xestión local, coa recepción de propostas e opinións deste colectivo sobre calquera asunto de interese para o conxunto da cidade.
Foto

As competencias do Consello serían:

  • Emitir opinións sobre cuestións relacionadas coa mocidade de Lugo.
  • Ser espazo de encontro entre o Concello de Lugo e o tecido asociativo xuvenil do municipio.
  • Promover o coñecemento mutuo e o debate entre as distintas entidades xuvenís en temas como o emprego, uso de espazos, orientación profesional, saúde pública, cultura, educación, deporte, lecer e outros.
  • Servir de canle de mediación cos organismos públicos e privados en asuntos de interese común para a mocidade e toda a sociedade lucense.
  • Analizar as necesidades e demandas da mocidade e propor respostas desde a administración local.
  • Propor actuacións e acordos entre as distintas áreas municipais e outras institucións que teñan incidencia na cidade.
  • Promover o asociacionismo xuvenil no municipio.

Composición.-

  • Un Presidente elixido entre os candidatos propostos polas asociacións xuvenís lucenses.
  • Vicepresidente elixido polos membros das agrupacións xuvenís dos partidos con representación no pleno.
  • Secretario do Concello ou funcionario no que delegue.
  • Tamén terán cabida neste consello da mocidade representantes grupos políticos, das distintas agrupacións xuvenís (menores de 30 anos)

As reunións deste consello serían abertas: "calquera persoa pode presencialo como observador".

O consello emitirá un informe anual que terá carácter de documento público.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo