Comparativa de ejecución con outras cidades.-
Jaime Castiñeira criticou que o Concello de Lugo, que foi pionero á hora de aprobar esta normativa, “sexa o último en levala á práctica. Na Coruña e Vigo, onde aprobaron as ordenanzas dous e tres anos despois respectivamente, xa a están aplicando e está dando resultados”.
- O Pleno do Concello de Lugo aprobou a ordenanza o 1 de setembro de 2003. Publícase no BOP do 8 de 10 de 2003. Non se fixo ningunha inspección.
- Vigo aproba a norma o 1-4-2005. Publícase no Boletín o 15 de Maio de 2005. En pleno funcionamento.
- A Coruña aproba a normativa o 30 de outubro de 2006 e publícaa no BOP do 17 de novembro de 2006. En pleno funcionamento.
Liña de axudas.-
O concelleiro popular, Jaime Castiñeira Broz, anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa para debater en Pleno para “crear unha liña de axudas aos propietarios que, como consecuencia da Inspección Técnica do edificio, se vexan no deber de facer obras de seguridade e de salubridad”. As bonificacións poderíanse establecer en función das reparaciones a acometer.
Incumprimentos.-
A estas alturas, os edificios de máis de medio Lugo tiñan que ter pasada a inspección á que obriga esta ordenanza, pero a día de hoxe non se fixo “nin a primeira”.
Segundo a Ordenanza sobre conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificaciones había que cumprir un calendario:
1. Os edificios de Lugo con trinta anos de antigüidade deben someterse a unha primeira inspección xeral. A partir de aí as revisións deben pasalas cada dez anos. Debido á gran antigüidade dos edificios de Lugo estableceuse, na propia ordenanza, un calendario para “poñer ao día” as revisións:
a. Edificios construídos antes de 1940 - Revisión en 2006
b. Construídos entre 1940 e 1958 - Revisión en 2007
c. Construídos entre 1959 e 1965 - Revisión en 2008
d. Construídos entre 1966 e 1973 - Revisión en 2009
e. Construídos desde 1974 - Ao cumprir 30 anos
2. Todos os edificios de máis de 10 anos do área interior da Muralla, afectados polo PEPRI, tiñan que pasar a inspección en 2005 e 2006.
3. Os edificios incluídos entre bens catalogados e inventariados terían que pasar esta inspección entre 2004 e 2005.
4. A finais de xaneiro de 2005 o Concello tiña que redactar un censo de edificios de Lugo para coñecer a antigüidade do seu parque inmobiliario. Esta base de datos integraría un rexistro informatizado de inspección técnica de edificación conectado ao centro de documentación da cidade.
Tamén se incumpriu un prazo de 6 meses desde a aprobación da norma para ofrecer aos cidadáns un modelo normalizado, un impreso.
|