Na actualidade a aplicación da tarifa eléctrica do alumado público na zona rural establécese segundo a potencia contratada. Esta potencia define un concepto fixo de facturación (potencia á que temos dereito) e pódese controlar mediante dous sistemas:
- Interruptor de control de potencia (I.C.P.) que mediante un interruptor controla a intensidade máxima que pode acceder á subministración e xa que logo á potencia, pero pode cortar o servizo.
- Mediante un maxímetro que controla a potencia máxima que demanda a subministración e non produce cortes de enerxía.
O Grupo Municipal Popular propón que o Concello acóllase á segunda opción instalando maxímetros nos máis de 300 cadros eléctricos que fornecen enerxía na zona rural. Con esta medida, que propón os populares, o Concello de Lugo aforraría preto de 4.500 euros anuais. |