-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular esixe a Orozco explicacións de por que non está en Lugo o documento completo do PXOM

09/07/2008

 
 
  • García Díez: "A estas alturas é imposible revisar se se tiveron en conta as nosas propostas de mellora".
  • Castiñeira denuncia este novo atraso de máis de quince días sobre o calendario previsto e advirte que "se Cultura esgota os tres meses para informar, ata finais de novembro non se podería aprobar provisionalmente o documento".
 

Joaquín García Díez, considera grave que ninguén poida confirmar nin desmentir que as modificacións que o Partido Popular presentou ao PXOM estean recollidas no documento: "Nin o concelleiro saínte, que deixa o traballo sen acabar, nin a nova asesora de urbanismo do Alcalde, nin tan sequera os técnicos municipais, poden darnos unha resposta".

O portavoz popular esixiu esta mañá ao Alcalde que, o máis axiña posible, reúna a comisión de achaiadura para dar conta do contido do documento que enviou o equipo redactor. "Mentres non se nos diga o contrario, o Alcalde asume a responsabilidade política directa da carteira de urbanismo" insistiu.

García Díez puxo de manifesto a súa desconfianza pola coincidencia deste anuncio de cambios no goberno co verán "Por que un tema de tanta transcendencia se dá a coñecer nestes meses?".

O portavoz popular considera unha clara falta de cortesía política "que se acabe de pechar unha reunión en setembro coas asociacións de veciños, e aos que colaboramos en mellorar o seu documento nos oculten a información".

Foto

Pola súa banda, o responsable de urbanismo dos populares Jaime Castiñeira, denunciou o incumprimento do calendario de traballo pactado e recordou que o documento revisado remitiuse ás distintas administracións o pasado catro de xullo "quince días logo do previsto no calendario de traballo que o PP logrou que se pactase. Ademais non houbo reunión previa para saber se se recolleron as nosas propostas", puntualizou Castiñeira.

Desde o Grupo Popular desexaron sorte nos seus novos labores tanto á nova asesora de urbanismo do Alcalde como a Liñares polo seu novo cargo en Ourense. De Liñares destacaron que nun ano impulse máis o Plan Xeral que en 8 anos Besteiro, que nin o tocou. "A pesar de todo vaise sen deixar feito o traballo", lamentaron.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo