O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, valoraba esta mañá a estratexia de Orozco de nomear a un técnico alleo á lista socialista para ocuparse do urbanismo no Concello de Lugo.
O portavoz popular entende que o Alcalde, se non ten en quen delegar, debería asumir esta competencia persoalmente: "Se o Alcalde non tiña á persoa adecuada ou non quería xerar conflitos internos no seu equipo, tiña unha opción moito máis valente: ser el, como alcalde, o que asumise a responsabilidade política apoiándose no traballo dun director xeral ou persoal cualificado".
Os populares cren que esta manobra responde ao temor de Orozco "de fracasar no intento de sacar adiante o novo PXOM, ou ben por evitar pugnas internas e pronunciarse á hora de designar a un dos seus concelleiros para o posto".
O portavoz popular insiste en que "aínda que o mecanismo é válido, non é conveniente na situación política que vive en Lugo, cun goberno en minoría que require do apoio político do PP".
|
Joaquín García Díez adiantou que merece unha reflexión por parte do seu grupo o feito de "dar ao Partido Popular longa cambiada, dicíndolle un agora quédasche sen un responsable político a quen dirixirche porque non hai concelleiro da área de urbanismo, e o documento non cho ensino porque o mandamos a Cultura". |
|
García Díez criticou a falta de capacidade de Orozco e o seu equipo a a hora de resolver o PXOM: "En Lugo temos un claro exemplo da política socialista de premiar a incapacidade: no caso de Besteiro e Liñares saen premiados por elevación, un cara á cadeira de brazos da presidencia da Deputación e o outro a a Confederación Hidrográfica do Miño, con sede en Ourense". |