| |
O Grupo Municipal Popular reclama que se acondicione a contorna do depósito de Penarrubia |
07/07/2008 |
|
| |
| |
- Teresa Taboada: "Hai abundante grava e roca triturada ao redor da obra"
- "Esperemos que o Concello non claudique, tal e como fixo co parque do Miño, asumindo o custo da rexeneración"
|
| |
O Grupo Municipal Popular pediu por escrito explicacións do pésimo estado no que se atopa a zona onde se construíu o depósito de Penarrubia. A concelleira popular, Teresa Taboada teme que "o Concello, do mesmo xeito que fixo co arranxo do parque do Miño, claudique e asuma, en solitario, o acondicionamento da extensión deteriorada como consecuencia das obras realizadas pola Confederación Hidrográfica".
Taboada explica que "o propio proxecto da ETAP inclúe un Informe de Ordenación Ecolóxica e Paisaxística que afecta ao depósito de Penarrubia, no que se dan as orientacións necesarias para a conservación e a restitución ambiental durante e logo das obras realizadas".
|
Teresa Taboada é moi crítica coa forma en que se fixo esta obra tendo en conta que está situada nunha zona declarada reserva da biosfera pola UNESCO en 2002 baixo o nome "terras do alto Miño". Para a edila popular "Orozco e o seu equipo se desentendieron totalmente da forma na que se fixo, pasando por alto procedementos agresivos que deixaron grava e roca triturada que está esparexida ¡ao redor da obra". Taboada afirma que todo este material debería estar nun "depósito de sobrantes" tal e como se debe facer neste tipo de proxectos. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
A edila popular apunta que urxe limpar a capa superficial de terreo: "neste momento deberían estar revegetando para ter listo o terreo e, no outono, iniciar a repoboación con árbores autóctonas a zona".
O Grupo Municipal Popular formula as seguintes preguntas:
|
|
| |
|
-
En que prazo previu o Goberno Municipal que se execute a revegetación e limpeza da zona do depósito de Penarrubia, así como a repoboación con árbores autóctonas que recomenda o informe para minimizar o impacto ambiental causado nunha zona pertencente á reserva da biosfera "terras do alto Miño" declarada así pola UNESCO en novembro do 2002".
-
Ten intención o Goberno Municipal de que leve a cabo algunha mellora do depósito de Peñarrubia, a maiores das recomendadas polo mencionado informe, por exemplo a redución do impacto visual dos edificios"
|
| |