-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se estuden medidas para solucionar os problemas de refrixeración do centro da Milagrosa

06/07/2008

 
 
  • A mala orientación do aire acondicionado afecta moito aos maiores.
  • Sofía López Linares: "Ninguén di que se elimine o aire acondicionado, obviamente, senón que se estude a forma de que non cre problemas en lugar de solucionalos".
 

A concelleira do Grupo Municipal Popular, Sofía López Linares, pedirá na comisión Servizos Sociais que se busque unha solución técnica aos problemas do aire acondicionado que veñen denunciando, desde fai máis de oito meses, algúns dos usuarios do Centro Social situado no parque da Milagrosa.

As persoas que acoden os fins de semana aos bailes quéixanse das molestias que sofren como consecuencia dos problemas derivados da refrixeración do local, xa que a orientación das correntes de aire afecta moito aos maiores.

Foto
   

Foto

O Concello ten constancia desta situación, xa que os usuarios fixéronlle chegar esta queixa en distintas ocasións á responsable do servizo.

Tras comprobar "in situ" esta problemática, a concelleira popular Sofía López confía en que se de orde aos servizos técnicos municipais para que estuden como emendar este problema.

   
Foto
Foto
 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo