| |
O Grupo Municipal Popular promoverá cambios no regulamento xeral de circulación para mellorar a seguridade dos pasos de peóns |
04/07/2008 |
|
| |
- A petición que Joaquín García Díez trasladará á Comisión de Seguridade Viaria consiste en permitir utilizar cores que advirtan a peóns e condutores; regular a forma dos pasos elevados e unificar a súa sinalización.
- Enrique Rozas "Está claro que debe primar a efectividade e a seguridade sobre da estética"
|
| |
Os populares defenden que se alternen as bandas transversais dos pasos de peóns de cor branca con outras de cores (azul, vermello...). Deste xeito a sinalización sería moito máis visible, tanto para peóns como para condutores, evitando un gran número de accidentes.
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, proporá no seo da Comisión de Seguridade Viaria do Congreso dos Deputados que se modifique o Regulamento Xeral de circulación no que alcanza ao pintado dos pasos de peóns tradicionais. Tamén se proporá que se regule tanto o modelo como a sinalización de pasos de peóns elevados.
|
A proposta do deputado popular consistiría en revisar o artigo 168.c do Regulamento Xeral de Circulación que establece claramente que as marcas transversais dos pasos para peóns só poden ser de cor branca prohibindo utilizar outras cores.
|
|
| |
|
|
A seguridade sobre a estética.-
O concelleiro do grupo popular responsable de temas de tráfico, Enrique Rozas explicou que "aínda sabendo que se incorre nunha ilegalidade, son moitas as cidades españolas que substituyeron pola súa conta o pintado dos pasos de peóns en centro urbano, conseguindo reducir o número de atropelos dun xeito significativo".
"Está claro que debe primar a efectividade sobre a estética", puntualizou Rozas.
|
| |
|
Pasos de peóns elevados.-
Ao non estar regulados os pasos de peóns elevados, poden darse casos como o que hai na Rolda do Carmen "con ramplas curtas e de excesiva pendente".
Os populares tamén cren que a lexislación española debería contemplar a existencia dos denominados pasos de peóns intelixentes.
|
|
|
|
O sistema deste dispositivo basea nuns sensores fotoeléctricos que se sitúan nos extremos do paso e detectan ao peón. Os sensores envían un sinal a un panel que se ilumina alertando aos condutores da presenza de viandantes.
"O máis inmediato".-
O Grupo Popular insiste na necesidade de mellorar a seguridade viaria: "Hai moitas cousas que son competencia do Concello e que se poden solucionar xa". García Díez e Enrique Rozas enumeraron algunha delas:
- Cambio de localización dalgúns pasos de peóns.
- A situada fronte ao Colexio María Auxiliadora.
- Evitar situacións ridículas como o paso de peóns que está enfronte da piscina das pedreiras que acaba contra un noiro.
- Regular a localización dos pasos de peóns nos cruces de rúas sen rede semafórica. Atrasar as marcas da sinalización varios metros.
- Estudar a modificación dos pasos de peóns para evitar os patinazos de motoristas.
Enrique Rozas explicou que presentará este paquete de medidas na reunión da comisión de tráfico que está previsto celébrese en setembro a petición do Grupo Popular. Nese encontro o punto central será a proposta, tamén do Grupo Popular, de buscar solucións para evitar as carreiras na Rolda da Muralla.
|
| |