| |
O Grupo Municipal Popular afirma que as directrices de ordenación do territorio que mañá aprobará a Xunta poden ser a estocada final do Plan Xeral de Lugo |
03/07/2008 |
|
| |
| |
- Esta nova normativa é de aplicación aos plans urbanísticos que non estean aprobados provisional ou definitivamente, como é o caso do Concello de Lugo.
- Jaime Castiñeira pide que se convoque a comisión de achaiadura para informar das consecuencias da aplicación destas directrices.
- Á vista do enésimo atraso no calendario previsto, os populares propoñen unha revisión dos prazos.
|
| |
O Grupo Municipal Popular alerta da aparición dun novo obstáculo ao Plan Xeral. Jaime Castiñeira pediu esta mañá que se "axilice a lume de biqueira o traballo" xa que mañá, no Consello da Xunta, está previsto que se aproben inicialmente as directrices de Ordenación do territorio.
A xuízo dos populares "o grave desta situación é que estas directrices son de aplicación aos plans urbanísticos que non estean aprobados provisional ou definitivamente como é o caso do Concello de Lugo". "Se hai que adaptar o PXOM de Lugo a estas directrices o traballo feito non serviría de nada. Sería a estocada definitiva ao documento urbanístico, e todo, como sempre, por que o señor Orozco non fixo o traballo no seu momento".
|
Petición reunión informativa.-
Os populares critican que Orozco e o seu equipo seguen perdendo o tempo: "Levamos 15 días máis de atraso na entrega da documentación". "O Plan Xeral non admite máis atrasos", polo que se reclama unha reunión informativa para aclarar os seguintes puntos:
|
|
- Revisión de prazos do calendario acordado
-
Analizar as consecuencias derivadas da entrada en vigor desta nova normativa urbanística da Xunta.
Os populares insisten en que Orozco e o seu equipo son únicos culpables do atraso na aprobación do PXOM: "Levan nove anos ás voltas con el". A combinación non podía ser peor: "A vagancia e falta de responsabilidade do goberno socialista de Lugo, xunto co traballo, unicamente de face á galería que practica o Goberno da Xunta".
|
| |