| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular esgota novamente a cota de iniciativas para debater en Pleno |
28/06/2008 |
|
| |
|
| |
Ademais de solicitar ao Pleno que dedique ás vítimas do terrorismo unha vía da cidade, tamén reclama o apoio da Corporación para que se aplique o mecanismo coñecido como "orzamentos participativos". O portavoz popular, Joaquín García Díez, considera que "a tímida e tardía consulta por carta ás asociacións sobre as prioridades para cada barrio non satisfai as condicións que marcou o PP para apoiar os orzamentos de 2008". Os populares defenden que os veciños sexan con co-decisores do destino dunha parte das previsións de gasto.
O Grupo Municipal Popular tamén solicita o apoio aos compañeiros de Corporación para conseguir para Lugo un paquete de medidas concretas para paliar a falta de medios e mellorar as canles de coordinación entre as distintas administracións con competencia para a atención de casos de violencia doméstica na capital lucense.
Outra das proposicións do Grupo Popular é para dotar á cidade dunha sinalización turística e cultural idónea e uniforme nas súas entradas e no propio centro urbano.
|
Os populares piden ao Concello que faga as xestións oportunas, ante as administracións competentes, para que se coloquen paneis nas principais entradas da cidade co lema "Muralla Romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade". García Díez explicou que mentres non se materialicen estes acordos, o grupo popular propón que se contrate un número suficiente de valos publicitarios en puntos visibles para colocar carteis, cun deseño rechamante, no que se promocione a muralla romana.
|
|
A cuarta proposición do Grupo Municipal do PP tamén reclama o respaldo da Corporación para instar ao Ministerio de Industria a que rectifique a posta en marcha da denominada "tarifa eléctrica social" e que introduza, na nova regulación eléctrica, algún tipo de medida que contemple condicións vantaxosas para o sector agrícola-gandeiro, que no caso concreto do municipio de Lugo afecta a máis de 700 explotacións.
Comparecencia, rogos e preguntas.-
O último paquete de iniciativas é a solicitude de comparecencia do concelleiro Lino González Dopeso para que de explicacións pola intoxicación do Castiñeiro.
O Grupo Popular presenta dous rogos para este Pleno. Un deles para que o alcalde reúna aos grupos políticos con representación municipal para definir as liñas de actuación futuras de execución do Plan URBAN. O segundo rogo é para dar conta das demandas dos barrios que desde o último pleno visitou o grupo popular.
Para rematar, preguntarase ao equipo de goberno cando van poder utilizar os lucenses o parque do Miño en perfectas condicións: "Non se pode pedir máis comprensión aos veciños, que logo de tres anos sen poder utilizar en condicións esta zona temen que este verán tampouco poderán gozar desta zona de esparexemento".
|
|