-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide o apoio da Corporación para forzar a Goberno e Xunta a mellorar a atención fronte á violencia doméstica

25/06/2008

 
  • A creación do SAF na comisaría de Lugo facilitaría a atención das vítimas e solucionaría os problemas de saturación.
  • Un xulgado específico de violencia de xénero, un equipo de tradución, unidades de valoración e un programa de reeducación son outras das medidas do paquete que propón os populares.
 

O Grupo Municipal Popular presentará ante o próximo pleno un paquete de medidas concretas para paliar a falta de medios e mellorar as canles de coordinación entre as distintas administracións con competencia para a atención de casos de violencia doméstica na capital lucense.

O Grupo Popular pide ao Concello que se dirixa ao Ministerio de Interior para que se cre na comisaría de Lugo o SAF (Servizo de Atención Familiar). Este grupo atendería os 365 días do ano, as 24 horas do día, aos casos de malos tratos domésticos (mulleres, menores e maiores dependentes, homosexuais con vínculos afectivos).

Este servizo dependería da Dirección de Policía do Ministerio do Interior. O servizo que se reclama para Lugo xa funciona en Ourense e A Coruña, entre outras cidades españolas.

Sofía López Liñares xustifica esta demanda con datos que pon de manifesto a falta de medios existentes na comisaría da policía nacional. "O Grupo 3 da policía nacional da comisaría de Lugo practicou en 2007 máis de 600 detencións relacionadas coa violencia de xénero. As oito persoas deste equipo (2 inspectores, 1 oficial de policía e 5 axentes) están desbordadas pola gran carga laboral xa que comparten esta tarefa con todos os delitos relacionados coas persoas (lesións de tipo laboral, homicidios, coaccións, inxurias"). Tres funcionarios con segunda actividade (1 inspector xefe e dos policías) teñen que levar a cabo 350 ordes activas de seguimento".

Os populares tamén piden ao Concello que inste á Xunta de Galicia para a posta en marcha de catro actuacións moi concretas coas que se achegaría "dun xeito real" a administración ás victimas da violencia doméstica que se rexistran en Lugo.

Foto
  1. Equipo de tradutores
  2. Unidades de valoración integral dentro dos xulgados.
  3. Creación en Lugo dun programa de reeducación para os maltratadotes. Na actualidade, en Galicia, só funciona este programa na localidade da Estrada.
  4. Instar á Xunta a que se dirixa ao goberno do estado co fin de esixir que se axilice a creación, en Lugo, dun xulgado específico de violencia doméstica.

 

A concelleira popular, Sofía López Linares, recordou como a finais do ano pasado aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia unha iniciativa do Partido Popular na que se reclamaba a creación destes xulgados nas catro capitais galegas. Neste momento só na Coruña e Vigo funciona este xulgado.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo