No Concello de Lugo do mesmo xeito que o resto dos municipios da Galicia gandeira, no 90% dos casos a vivenda e a explotación teñen un único contador. En consecuencia, un fogar de gandeiros vai pagar máis do que lle corresponderá simplemente por ter que soportar os equipos de ordeño e de refrixeración do leite.
O concelleiro popular subliñou que esta tarifa eléctrica social afecta a preto de 700 explotacións familiares que hai no noso Concello. "A situación empeorará ao facerse efectiva tamén desde o 1 de xullo a desaparición da tarifa nocturna, á que están acollidas a maior parte destas explotacións".
O concelleiro popular, Manuel López, reclamará que se adopten medidas que freen o impacto da nova tarifa eléctrica social para aliviar a crise que vive este sector. Das case 700 explotacións gandeiras de vacún que hai no municipio, 449 teñen un censo de animais de máis de 10 cabezas, tendo unha importante incidencia na economía da zona rural de Lugo. Só no sector lácteo, a facturación rolda os 25 millóns de euros ao ano.
|