-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Barreiro reclama que se sinalicen adecuadamente as fontes públicas mentres non se garanta a súa salubridade

23/06/2008

 
  • O concelleiro popular criticou a ambigüidade do Concello que "agora" recomenda non beber das fontes públicas: "Ou SÍ ou NON, que se decidan".
  • Os populares pedirán explicacións deste suceso na Xunta de Portavoces.
 

O Grupo Municipal Popular pediu que na próxima Xunta de Portavoces prevista para esta semana, onde se abordan os temas de pleno, se expliquen as causas da intoxicación do Castiñeiro. Así o puxeron de manifesto esta mañá os concelleiros populares José Manuel Barreiro e Teresa Taboada.

José Manuel Barreiro insistiu en que o seu grupo vería con bos ollos que "na orde do día do Pleno que se vai a celebrar o próximo día 30 comparecese, a petición propia, o concelleiro delegado de medio ambiente". Nese sentido esta mañá os populares pediron na comisión de asuntos xerais a comparecencia de Liño González Dopeso.

O Grupo Municipal Popular tamén propuxo que o Concello publique periodicamente un bando, ou ben un anuncio oficial, en que se publicite nos distintos medios de comunicación a información sobre cales son as fontes potables e o non potables do municipio.

José Manuel Barreiro insiste en que "se o goberno municipal non pode garantir a salubridade das fontes públicas, polo menos que as sinalicen adecuadamente con cartel de auga NON POTABLE"

Foto

Barreiro puntualizou que "as fontes que non presenta problemas, que se sigan utilizando. Non queremos ser alarmistas".

José Manuel Barreiro
pediu ao goberno socialista que se "deixe de ambigüidades" e que sexa responsable. O portavoz do grupo popular recordaba unhas declaracións do concelleiro socialista José Piñeiro, do pasado 25 de maio de 2007, nas que tras unhas obras que cortaban esta fonte dicía: "que non se preocupen os veciños, que van ter fonte, recupérase o manancial e haberá auga en abundacia". Para Barreiro este goberno é un irresponsable: "Non só ten que preocuparse de que haxa auga senón tamén da súa salubridade".

O Partido Popular púxose esta mañá en contacto cos afectados ingresados no Hospital Xeral, interesándose pola súa evolución. A concelleira popular, Teresa Taboada, tamén se achegou onte pola tarde até a praza do Castiñeiro para interesarse pola situación que presenta a fonte. "Os veciños aseguraron que facía xa vinte días, concretamente desde as festas do barrio, que a auga saía turbia, e que se avisou ao Concello hai varios días desta situación".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo