| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide que se retire a caseta de información turística da Praza da Constitución que leva un mes pechada |
20/06/2008 |
|
| |
-
Alicia Peña: "As indicacións que se dan aos turistas son confusas e dan unha mala imaxe aos que nos visitan"
-
Os populares propoñen que a instalación se reutilice para outros fins, tendo en conta que é móbil.
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular pediu que se retire, de forma inmediata, a caseta de información turística municipal, situado na praza da Constitución.
A concelleira popular, Alicia PeÑa, explicou como a presenza desta instalación confunde aos turistas:
- Os carteis que indican a localización do punto de información seguen dirixindo aos visitantes á caseta da Praza da Constitución.
- Unha vez alí os turistas poden ver un letreiro, se o atopan (hai un só cartel nun folio A4, e está pegado na fiestra lateral da caseta, e non na porta principal), co texto que se ve na imaxe.
|
|
|
| |
|
O cartel está unicamente en galego, o que non parece lóxico nun punto de información turística que recibirá a xente de fóra da nosa comunidade, pero o que é máis grave é que non se fai indicación algunha de como chegar ata a nova localización. Nin un pequeno mapa, nin un esbozo, nin pista algunha permiten ás persoas que non coñecen a cidade, e que son os principais usuarios desta oficina, achar a súa nova localización.
|
|
| |
|
|
Proposta.-
Os populares suxiren que a caseta se reutilIce para outros fins, tendo en conta que é móbil |
|