A denuncia realizada polo concelleiro popular Enrique Rozas esta mesma semana parece que obrigou ao Goberno Local a "porse as pilas" e recoñecer, de feito, a veracidade da denuncia, xa que esta mesma mañá os socialistas comezaron a dar os pasos para rescindir o contrato á empresa que xestiona a publicidade nos autobuses urbanos de Lugo.
O concelleiro popular declarou que "aínda que non recoñezan expresamente que tiñamos razón, é unha satisfacción que polo menos se tomen estas medidas, aínda que nos preocupa que se dean este tipo de situacións en Lugo".