O Grupo Municipal Popular defenderá, no próximo pleno, unha proposición para dotar á cidade dunha sinalización turística e cultural idónea e uniforme nas súas entradas e no propio centro urbano.
Os populares pídenlle ao Concello que faga as xestións oportunas ante das administracións competentes para que se coloquen paneis nas principais entradas da cidade co lema "Muralla Romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade".
O Grupo Municipal Popular tamén solicitará que, no marco das súas competencias, o Concello instale sinalizacións idóneas que indiquen aos que nos visitan a existencia da "Muralla Romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade".
Empezar polo máis próximo.-
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, explicou que salta á vista que "é moi pobre a información visual que se dá ao turista que accede á cidade". Por isto solicita "un esforzo por parte do Concello para que se vexa reflectido o que se pode ver en Lugo colocando máis sinais informativos coa lenda "Muralla Romana de Lugo, Patrimonio de la Humanidade"".