-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
García Díez: "O PP conseguiu, en menos de dous anos, conseguir diñeiro e revolucionar a cidade de Lugo. Esperemos que o URBAN supoña un fito similar"

17/06/2008

 
  • Cando García Díez ostentaba a alcaldía Lugo optou aos fondos Urban e non os conseguiu, pero a cambio obtivéronse para a cidade máis de 14 millóns de euros, dous máis dos que agora achegará o Urban.
  • García Díez: "Naquela etapa conseguimos investir eses máis de 14 millóns de euros en dous anos. Esperemos que o Goberno Local actual saiba ser máis áxil do que nos ten afeitos".
 

O apoio dos populares, pedra angular da obtención do Urban.-

Lugo logrou por fin o tan ansiado Plan Urban, que supón a entrada, ata 2013, de 12 millóns de euros de investimentos procedentes doutras Administracións públicas:

8 millóns da Unión Europea (Fondos FEDER)
3 millóns de euros da Xunta de Galicia
1 millón de euros da Deputación Provincial


Para que se poidan executar os proxectos, o Concello de Lugo ha de achegar 4 millóns de euros, o cal poderá facer "grazas ao apoio do Partido Popular aos orzamentos deste ano".

García Díez preguntou a quen criticaron este apoio "de onde sacariamos agora os catro millóns necesarios para que Lugo obteña outros 12 se estivésemos condenados a prorrogar os orzamentos do exercicio anterior"". O Grupo Municipal Popular soubo actuar con responsabilidade e pondo, unha vez máis, os intereses da cidade de Lugo por encima de calquera outro.

Achegas da oposición.-

Joaquín García Díez confía en que o espírito de oposición construtiva que o PP está desenvolvendo en Lugo véxase correspondido por unha reunión de todos os grupos políticos para estudar os proxectos que levarán a cabo grazas aos fondos URBAN, de forma que a oposición poida efectuar suxestións.

Tres grupos achegan máis que un, e o Grupo Municipal Popular supón que o señor Orozco estará disposto a escoitar as ideas e propostas dos demais representantes do pobo de Lugo.

Foto

Dez anos despois.-

O Grupo Municipal Popular quixo responder ás palabras dalgúns representantes do PSOE que dixeron que "Orozco conseguiu o que García Díez non puido facer como Alcalde".

É certo que na etapa en que Joaquín García Díez era Alcalde de Lugo optouse aos fondos do plan Urban e non se lograron. Non é menos certo que o goberno presidido polo señor Orozco tamén optara noutra ocasión aos fondos Urban e non os conseguiu.

Con todo, hai unha diferenza importante, e é que , por mor de non lograr os fondos Urban, Joaquín García Díez logrou que, como compensación, investísense na cidade máis de 2400 millóns das antigas pesetas, que supón uns 14.4 millóns de euros, mentres que o señor Orozco non obtivo nada.

Para efectuar unha comparación rigorosa, hai que ter en conta que eses 14,4 millóns de euros lográronse en 1998, co que para facer unha comparación cos 12 millóns obtidos agora teriamos que actualizar esa cifra (pola inflación), o que arroxaría un resultado de aproximadamente 20 millóns de euros, un 166% máis do logrado polo goberno socialista.

Nos dous últimos anos do mandato de Joaquín García Díez, o Partido Popular conseguiu facer obras ambiciosas que revolucionaron e cambiaron a imaxe de Lugo, introducindo unha nova filosofía de cidade. A peonalización do casco histórico, a construción do Parque do Miño, a iluminación de monumentos, o inicio da recuperación do barrio nobre da cidade" supuxeron que Lugo comezase a verse a si mesma con outros ollos.

"Agora, co plan Urban sobre a mesa, pedimos ao Alcalde que sexa igual de áxil e empréguense eses fondos cunha planificación adecuada".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo