| |
|
|
| |
O goberno socialista de Lugo só executou un 1,47% dos investimentos reais previstas no orzamento do 2008 |
17/06/2008 |
|
| |
-
Barreiro: "O Concello de Lugo xestiona mal e paga peor". "Non temos nada en contra de que viaxen por aí pero se cadra era importante que dedicasen máis esforzo e tempo a traballar aquí".
-
García Díez : "O ritmo investidor é lento, e falta unha planificación crible, o que provoca que obras tiñan que estar feitas ou moi avanzadas recibisen 0 euros".
-
O portavoz do Grupo Popular pide que os fondos Urban utilícense "con axilidade e planificando adecuadamente os gastos, coa colaboración dos grupos da oposición".
-
O Grupo Municipal Popular advirte que non admitirá máis "malos entendidos" a consecuencia do decreto do Alcalde para acceder á información e que farán un seguimento trimestral do grao de execución dos orzamentos.
|
| |
O Grupo Municipal Popular criticou hoxe "o lentísimo ritmo investidor" de Orozco e o seu equipo que, no primeiro trimestre deste ano, "unicamente investiu 735.264, 75 euros do capítulo VIN". O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, xunto co responsable de economía, José Manuel Barreiro e a concelleira Cristina Ares lamentaron a "lentitude e a falta de planificación do goberno de Orozco".
Entre os exemplos de obras nas que o gasto foi cero destacaron os conceptos de obras comunitarias (asfaltado pistas, pago de expropiacións ...).
|
Informe.-
José Manuel Barreiro foi tallante ao dicir que "o apoio do PP aos orzamentos non significa unha renuncia ao seguimento e control para comprobar a que se destinan os fondos públicos. Non se deu un cheque en branco" puntualizou. O concelleiro responsable da área de economía do grupo popular resumía o nivel de execución deste trimestre na seguinte frase: "O Concello de Lugo xestiona mal e paga peor. A axilidade dun xestor público ten que ser importante, e máis cando estamos inmersos nunha crise do calibre da que vivimos".
|
|
Un dos datos que chama a atención aos populares é que en tres meses o Concello só executou o 1,47% dos investimentos previstos no capítulo VIN do orzamento de 2008. "Dos máis de 50 millóns de euros orzados só se pagaron, como consecuencia de investimentos realizados, 735.000 euros. Destes 50 millóns de euros hai compromisos no primeiro trimestre de investimento por 1.151.000 euros".
José Manuel Barreiro insistiu en que os lucenses están atravesando unha situación difícil e "estes señores executan nun trimestre un 2% co diñeiro que nos cobran a cada un de nós. Non temos nada en contra de que viaxen por aí pero se cadra era importante que dedicasen máis esforzo e tempo a traballar aquí".
Respecto ao capítulo de gastos correntes o nivel de execución é de máis dun 9%. "aquí hai maior axilidade, se cadra porque este diñeiro é o que paga as viaxes", indicou Barreiro.
Ante estes datos a visión dos populares non é moi optimista "o mínimo é estar dentro duns niveis de execución , e un primeiro trimestre que estea debaixo do 15% indica unha deficiencia de xestión, xa que estamos falando da cuarta parte dun exercicio".
Para os populares esta situación é máis grave cando o equipo de goberno socialista non tivo dificultades para aprobar os orzamentos, xa que contou co apoio do PP .
Seguimento trimestral das contas.-
Os populares anunciaron que farán un seguimento trimestral do grao de execución dos orzamentos e advertiron "non aceptaremos o resumo das cifras que lle conveña ao equipo de goberno". O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, referiuse ás dificultades que se lles presentaron nas últimas semanas, para conseguir distinta información "froito dos malos entendidos a consecuencia do decreto que asinou o Alcalde relativo ao acceso á información dos grupos da oposición".
|
|