-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular sospeita dun presunto trato de favor do goberno do PSOE á empresa adxudicataria da publicidade dos autobuses

16/06/2008

 
  • Rozas pide que se inicie o proceso de rescisión do contrato.
  • A empresa ten pendente co Concello unha débeda de máis de 100.000 euros.
 

O Grupo Municipal Popular acusa ao equipo de Goberno de favorecer, presuntamente, á empresa concesionaria da publicidade nos autobuses urbanos, que ten actualmente unha débeda pendente co Concello que supera os 100.000 euros (case 23 millóns de pesetas) en concepto de cesión de espazos publicitarios nos autobuses urbanos.

Para Rozas é inexplicable que "despois de que se haber se requirido o pago desta cantidade, que a día de hoxe non se abonou, o equipo de Goberno socialista non haxa o expediente de rescisión do contrato", unha actitude que achaca "á suposta proximidade ideolóxica do propietario desta empresa co PSOE".

Os populares lamentan a dobre vara de medir do goberno de Orozco, xa que "mentres ao resto dos contribuíntes esíxellenos estar ao día nos pagos de impostos municipais, e se non o facemos grávallenos cunha recarga, a esta empresa déixaselle facer o que lle vén en gana, sen consecuencia algunha".

Foto

Condicións contrato adxudicataria.-

A empresa de publicidade á cal o Concello encargou a xestión dos anuncios para colocar nas traseiras, interior e exterior dos 20 autobuses urbanos ten o deber de ingresar 68.800 euros anuais en concepto de publicidade. (47.000 pola publicidade exterior, 14.000 pola exterior e 650 euros mensuais pola traseira).

Para os dous primeiros conceptos os pagos deberían ser trimestrais, mentres que pola publicidade da traseira o abono ha de ser mensual.

A adxudicación deste servizo fíxose o 30 de setembro de 2005, e a adxudicataria empezou a traballar en xaneiro de 2006.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo