O Grupo Municipal Popular mostrou a súa preocupación pola presenza no parque de Frigsa de cans potencialmente perigosos, habendo neste recinto zonas de xogos infantís. Teresa Taboada explicou como fai uns días os veciños foron testemuña dunha pelexa entre dous cans deste tipo de razas. En aras á prevención, a concelleira popular pediu ao Concello que extreme a vixilancia desta zona e que, polo menos, realícense con máis frecuencia inspecciones e solicítese a documentación aos propietarios dos canes cando advirtan que se trata dun can potencialmente perigoso.
Acampadas Monte Faro.-
Teresa Taboada, tamén facéndose eco do malestar dos veciños que frecuentan o parque de Frigsa, pediulle ao Concello que tome medidas para evitar que as autocaravanas e monovolúmenes acampen nas proximidades da rúa Monte Faro.