| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide ao Concello que planifique, de face ao verán, a posta a piques dos Colexios Públicos |
12/06/2008 |
|
| |
-
Os problemas de vandalismo, as deficiencias por filtracións de auga, repaso de pintura, cambio de sistema de limpeza dos pavillóns, revisión das instalacións de baixa tensión, e dotación de xogos infantís son as principais demandas dos colexios.
-
Alicia Pena anunciou que preguntará ao equipo de goberno se, tal e como se comprometeu, a estas alturas do curso fixo algunha xestión con Educación para suprimir as barreiras arquitectónicas dos centros escolares do municipio.
|
| |
O Grupo Municipal Popular presenta o seu informe anual no que se detallan as deficiencias detectadas nos centros coa idea de que o Concello planifique, de face ao verán, a posta a piques destas instalacións.
Hai temas nos que coinciden na maioría dos centros como son: intensificar a vixilancia para evitar actos vandálicos; repaso de pintura tanto do exterior como do interior; facer as obras oportunas para solucionar problemas de filtracións e humidades; revisión das instalacións eléctricas de baixa tensión tal e como esixe a normativa; e substitución e reposición dos xogos infantís que incumpren a normativa.
A concelleira popular Alicia Pena destaca a reclamación para que se realice un contrato específico para limpeza dos pavillóns polideportivos dos centros educativos, xa que a limpeza tradicional é insuficiente. Desde que se pecharon os pavillóns a súa ocupación creceu moito e co mangueado actual os usuarios atópanse co pavimento mollado. A concelleira popular reclama que se use unha maquinaria específica que limpa e seca ao mesmo tempo.
|
Alicia Pena indicou que o informe que elaborou faráselle chegar á concelleira de educación "para que tome nota e planifique de face ao verán a posta a piques dos centros educativos".
|
|
Supresión barreiras arquitectónicas.-
A popular Alicia Pena, anunciou que vai presentar unha pregunta para saber que pasos deu o Concello para suprimir as barreiras arquitectónicas dos colexios públicos do municipio. A concelleira popular está preocupada porque, a día de hoxe, "non temos constancia algunha de que se fixeron xestións para facer un convenio con Educación de face a financiar estas obras de supresión de barreiras arquitectónicas". Pena recordou que esta era unha das condicións que figuraba como compromiso para que o PP dese o apoio puntual aos orzamentos deste exercicio.
|
|