| |
O Grupo Municipal Popular solicita que se reúna a comisión de tráfico para estudar medidas para controlar os excesos de velocidade na Rolda da Muralla |
10/06/2008 |
|
| |
|
| |
O Grupo Municipal Popular presentou esta mañá un escrito no que solicita a convocatoria urxente da comisión de tráfico coa idea de que se analicen neste foro medidas específicas para controlar os excesos de velocidade dentro do centro urbano, e dunha maneira especial na Rolda da Muralla.
Enrique Rozas proporá que se fagan programacións concretas de controis de radar e de alcoholemia, xa que na actualidade estas probas fanse de forma aleatoria.
|
O Grupo Popular critica a ausencia dunha planificación real destes controis: "é paradoxal que nin o propio xefe de servizo nalgúns casos coñeza onde están os efectivos que realizan as probas". Os populares insisten en que a planificación dos controis de velocidade e alcoholemia debe contemplar os días, as horas e os lugares onde se instalarán os dispositivos.
|
|
Rozas lembra que o día en que se produciron os últimos accidentes rexistrados na Rolda da Muralla non había control de velocidade. O dispositivo estaba instalado na zona da Piringalla e Infanta Elena. "Non criticamos a súa presenza neste barrio pero pensamos que non exclúe que haxa na Rolda un dispositivo permanente por ser unha zona onde se rexistraron múltiples e graves accidentes". |