| |
|
|
| |
O Concello de Lugo perdeu máis de 651.000 € (máis de 108.000.000 pesetas) nas festas de San Froilán do 2007 |
09/06/2008 |
|
| |
-
García Díez critica que a cifra do déficit de San Froilán supoña o 50% do orzamento de gastos das patronais de 2007.
-
O GMPP recoñece que é complicada a autofinanciación pero adviertte que se o déficit crece cada ano, disparándose fose do razoable, o balance das festas non pode ser positivo.
|
| |
Na Comisión de Festas celebrada hoxe, por fin o Equipo de Goberno presentou, máis de oito meses despois das festas, as contas do San Froilán. O máis rechamante , ademais do atraso na presentación das contas, é que no ano 2007 gastáronse nas festas un total de 1.314.923,31 €, mentres que os ingresos redúcense a 663.885,00 ". Unha sinxela resta, que por certo o Goberno Local non incluíu no informe presentado, arróxanos un saldo negativo de - 651.038,31 €, é dicir, 108.323.660 pesetas. García Díez critica que a cifra do déficit supoña o 50% do orzamento de gastos das patronais de 2007.
O Grupo Municipal Popular pediu de forma reiterada que no relativo aos orzamentos das festas de San Froilán téndase á autofinanciación das mesmas. Xa sen chegar a este ideal, mantido na etapa de goberno do Partido Popular, Joaquín García Díez pide que, polo menos, búsquese a racionalidade.
O Goberno local xustifica este déficit en diversos gastos como "valos, carteis e folletos, ademais de novos cableados.... Seica en todos os anos anteriores non se puxeron valos, carteis e folletos. Os cableados tamén se cambiaban, e había servizos de limpeza, de policía, concertos, barracas, casetas do polbo" é dicir, as festas eran iguais ás de hoxe en día. De feito, a declaración de Interese Turístico Nacional do 2006, está baseada en base á antigüidade, continuidade no tempo, arraigamento popular e diversidade de actos das nosas festas.
|
Lugo merece unhas excelentes festas, como as que gozamos durante as últimas décadas, pero non se pode permitir que isto lle custe á cidade unha cantidade de diñeiro semellante á do ano 2007, sobre todo porque hai outras opcións. "Os lucenses tivemos unhas excelentes festas no 98, no 97, no 96 e nos anos anteriores sen que iso custáselle ás arcas municipais un diñeiro que fai falta noutras partidas".
|
|
San Froilán 2008.-
Respecto da petición das jaimas para os postos de venda ambulante, proposta que o Grupo Municipal Popular levou como unha das condicións para a aprobación dos orzamentos do ano 2008, o Equipo de Goberno non especificou se se instalarían para todos os postos rueiros ou unicamente para algunhas rúas.
A concelleira Alicia Pena explicou que o Grupo Municipal Popular non comprendería a postura do Goberno se se dotase a unhas rúas de jaimas e a outro non. Crearíanse, desta forma, zonas "de primeira e de segunda" e anularía o obxectivo desta medida, que sería dignificar a venda ambulante nas nosas festas.
|
|