-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
El Grupo Municipal Popular recoge en A Piringalla peticiones y quejas vecinales

27/05/2008

  • O Grupo Municipal Popular recolle as protestas veciñais sobre as deficiencias do barrio.
  • Vertedoiros, mala conservación de rúas e prazas, e falta de diálogo do Equipo de Goberno son as principais denuncias dos veciños.
 

O Grupo Municipal Popular visitou hoxe o barrio lucense da Piringalla acompañado por unha representación dos veciños da zona, que lles expuxeron as súas queixas respecto dos diversos problemas que sofre esta área da cidade.

Tapóns de tráfico.-
Hai diversos tapóns de tráfico en varios cruces da zona, e os veciños concretaron os seguintes:

  • Cruzamento das rúas Mazaira con Juana La Loca
  • Flor de Lis con Rei Chiquito
  • Rei Chiquito con Mar Cantábrico
  • Estrechamiento en rúa Túnel de Oural
   

Praza de Viana do Castelo.-

A Praza de Viana do Castelo é un dos puntos máis importantes deste barrio, xa que é a praza máis extensa da zona. Nesta praza faltan rejillas nos sumidoiros de augas no xardín (Aparcadoiro subterráneo de Viana do Castelo) sendo un área especialmente sensible ao ser unha zona de xogos infantís moi utilizada.

Foto

   

Foto

Para esta praza, os veciños tamén solicitan que se dote ao barrio cun área deportiva, recibindo moi ben os veciños a suxestión do Grupo Municipal Popular de instalar nesta zona unha das pistas polivalentes que expuxo durante a campaña electoral das eleccións municipais do ano 2007.

   

Outras peticións.-

  • Tamén se recolleu a petición dos veciños de abrir o antigo camiño da Coruña á Nacional VIN, o que habería que contemplar no novo Plan Xeral.
  • Na rúa Varela España solicitan un punto de luz.
  • Expúxose a preocupación veciñal pola unidade de actuación da rúa Avutarda, xa que numerosas fochancas fan esta vía practicamente intransitable pero non se lles dá solución.

Foto

   

Foto

  • Seguen dándose as carreiras de coches denunciadas no seu momento polo Grupo Municipal Popular, nas rúas Manuel María, dás Fontes, Santo Graal ou Ángelo Colloci.
  • As pintadas, lonxe de diminuír, aumentan en toda a zona, sen que os servizos de limpeza ou de vixilancia fagan madeixa nesta praga urbana.
   
  • Faltan colectores de recollida de papel, vidro e plásticos, habendo unicamente os xenéricos (os verdes) e tendo que desprazarse os veciños máis de 500 metros nalgúns casos. Isto promociona pouco o hábito da reciclaxe.

Foto

   
Foto
  • Na rúa Túnel de Oural hai numerosos restos de todo tipo de material abandonado, bulleiral, fochancas profundas, maleza e sucidade dan unha imaxe a esta parte da cidade moi pouco recomendable.
   
Foto
Foto
   
Foto

Falta de diálogo cos veciños.-

Os representantes veciñais que acompañaron ao Grupo Municipal Popular no paseo, protestan de forma continua da falta de diálogo do Grupo de Goberno con eles para tomar as decisións sobre a zona. "Moita participación de boca para fóra, pero cando chega a hora de decidir sobre o barrio aquí non se pregunta a ninguén e deséñanse as obras desde a Praza Maior".

   
Púxose como exemplo a urbanización da zona que hai entre Santo Graal e Mar Cantábrico (onde tradicionalmente se asaba o "becerro"), onde se instalaron unhas xardineiras. Os veciños querían que nesta franxa construísese unha chaira para a realización de reunións ao aire libre, xa que neste momento ven obrigados a celebralas en solares menos apropiados.
Foto
   
Foto
Esta zona foi urbanizada grazas a unha unidade de actuación, é dicir, que se realizou con fondos privados como a maior parte das obras e vías que se realizan na cidade. Os veciños fixeron referencia á "tomadura de pelo" que o Alcalde protagonizou o pasado día 19 ao "intentar vender aos veciños" como unha obra pública unha urbanización cuxo obxectivo é "facer pisos".

O Grupo Municipal Popular fíxose eco desta crítica ao Goberno Local e comparte cos veciños a idea de que "Lugo parece que só avanza cando os promotores ven obrigados pola normativa a facer rúas, porque se tivésemos que esperar a que o Concello mova ficha a cidade seguiría como fai 10 anos".

Hai que recordar que gran parte das obras que se desenvolveron na cidade durante os anteriores mandatos de López Orozco foron propiciadas polo acordo asinado entre o entón Alcalde Joaquín García Díez, e o ministerio de Fomento do goberno de José María Aznar. Este acordo posibilitou o arranxo das travesías da cidade (avenidas da Coruña, de Madrid, de Carlos Azcárraga, rúas San Roque, Castelao, Santiago...) que durante moitos anos, e xunto aos desenvolvementos urbanísticos obrigatorios para os promotores, deron unha sensación de que se facían obras en Lugo sen que ningunha delas fose debida á xestión do equipo de Goberno de Orozco.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo