-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Equipo de Goberno "estudará" as propostas populares para o Museo de San Roque

27/05/2008

 
  • O Grupo Municipal Popular propuxo que o Concello facilite o acceso de discapacitados ao Museo de San Roque.
  • Tres rogos populares presentáronse neste sentido na Comisión Permanente de Muller e Benestar Social.
 

A concelleira popular Sofía López Linares presentou hoxe, na Comisión Permanente de Muller e Benestar Social, tres rogos para que o Goberno Local tome medidas encamiñadas a facilitar o acceso de discapacitados ao Museo de San Roque.
Este museo, que foi aberto fai algo máis dun ano como un acto da campaña electoral das eleccións municipais do 2007, viuse afectado pola precipitación coa que se procedeu á súa inauguración, e non se tivo en conta o acceso de discapacitados.
Os rogos elevados por López Linares foron os seguintes:

  • Instar á Xunta para que antes do verán adáptese o Museo á normativa de accesibilidade, de forma que todos os turistas, sen discriminación, poidan visitalo.
  • Instar á Xunta a que se subtitulen as proxeccións para que as persoas xordas poidan gozalas.
  • Que o propio Concello ensanche e limpe o traxecto lateral da Capela de San Roque para que se facilite o acceso desde a praza reservada a discapacitados na rúa San Roque a l propio museo.

Sorprendentemente, o Goberno Local pediu "darlle máis tempo" á Xunta de Galicia, cando fai máis dun ano que tanto o Partido Popular como as asociacións de discapacitados están denunciando este tema. Non parece lóxico que o Concello de Lugo queira dilatar no tempo unha sinxela instancia para que a administración autonómica tome cartas no asunto. Si se instará, en cambio, a que se subtitulen as proxeccións audiovisuais. "Parece que só se insta ao que é fácil de cumprir, non vaia ser que se lles pida o que non lles apetece facer, por moi necesario que sexa".

Tamén dilatan a decisión sobre o acceso directo desde a rúa de San Roque ao museo. O Equipo de Goberno dixo que se apraza a decisión para a seguinte comisión e "que se estudará". "Non entendemos que unha obra sinxela, que consiste en recortar 20 centímetros unha xardineira e limpar un camiño, haxa que revisala na próxima comisión".

Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo