-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O PP expón unha solución sinxela e económica para a accesibilidade do Museo de San Roque

20/05/2008

 
  • Sofía López Linares presentou unha proposta para que o Concello habilite un acceso para discapacitados desde San Roque ao Museo, de forma que estes poidan gozar das instalacións.
  • Barreiro lamenta o pasotismo da Xunta que "unicamente, e a golpe de manifestacións" di estar disposta a buscar solucións.
  • A medida solucionaría o acceso ao recinto, aínda que falta que a Xunta resolva os problemas de accesibilidade do interior do mesmo.
 

Hai un ano que, en plena campaña electoral para as municipais do 2007, se inaugurou este centro. Desde aquela ningún discapacitado pode gozar das instalacións, xa que ademais da odisea que supón para calquera persoa nunha cadeira de rodas, ou con mobilidade reducida, alcanzar a porta, unha vez cruzada esta atópanse coa desagradable sorpresa de que ha de baixar unha longa escaleira sen ascensor nin plataforma móbil.

Este tema foi obxecto dunha rolda de prensa conxunta entre a concelleira popular Sofía López Linares, o presidente Provincial José Manuel Barreiro, e a deputada autonómica Susana López Abella, e na mesma anunciouse que o Partido Popular presentará varias iniciativas, tanto ante o Parlamento de Galicia como no Pleno do Concello de Lugo, para pedir aclaracións pola situación na que se atopa o Museo de San Roque en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Os populares recordaron como as instalacións deste museo non cumpren nin a Lei Galega de accesibilidade, nin a Lei de igualdade de oportunidades, porque está creando unha situación de marxinalidade cultural cara aos cidadáns que teñen mobilidade reducida. "En maio de 2007, inaugurouse o museo de San Roque, porque era época electoral e había que facerse a foto. A Conselleira recoñeceu que había que darlle unha solución e que o seu departamento íalle a buscar unha solución". Un ano despois o problema segue aí.

Foto

Foto

O acceso principal está deseñado desde a parte inferior
Actualmente está ata máis difícil subir por esta beirarrúa con cadeira de rodas
   

Sofía López Linares tratará este tema na reunión ordinaria da Comisión Permanente de Benestar Social, convocada para o vindeiro martes baixo a súa presidencia. López Linares preguntará se o Alcalde realizou algunha xestión ante a Xunta para solucionar a problemática do Museo de San Roque.

A concelleira popular explicou que na comisión proporá tamén que o Concello poña en práctica unha proposta como alternativa para entrar neste centro. "Hai unha solución moi sinxela cun custo mínimo que consistiría en adecuar, ensanchando e limpando, o paso que hai no lateral da capela de San Roque. Este acceso é o máis curto ata o Museo desde a praza que está reservada para discapacitados na rúa San Roque".

Foto

Foto

Unha vez chegamos a esta rampla, falta subila cunha pronunciada pendente
Para logo atoparnos con escaleiras, sen ascensores nin plataformas mecánicas
   

Sofía López puntualizou que o percorrido de entrada sinalizado como o principal é moi complicado: "A odisea dos discapacitados que necesitan acceder a este centro é digna dunha película de Almodóvar: primeiro teñen que facer un esforzo titánico por unha rúa empedrada en curva pronunciada e pendente excesiva, logo deste esforzo atópanse cunha porta estreita pola que dificilmente entra unha cadeira de rodas, e xa no interior a súa sorpresa é que non hai ascensor ou rampla mecánica, e que nin os baños están adaptados".

Para rematar, Sofía avanzou que pedirá explicacións ao Goberno Local non só das xestións realizadas para liquidar o problema do Museo de San Roque, senón que tamén quere saber o grao de accesibilidade de todos os edificios públicos, así como das instalacións culturais e deportivas da cidade.

   
Foto

Foto

Arrombando este acceso, xunto á capela, e reducindo minimamente o xardín (uns centímetros) pódese crear un novo paso máis sinxelo de utilizar.
Sobre todo desde a praza de aparcadoiro reservada na rúa San Roque para persoas con mobilidade reducida.
   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo