| |
O Grupo Municipal Popular afirma que a paralización da reforma do sistema ORA obedece a unha estratexia do PSOE |
19/05/2008 |
|
| |
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica a lentitude de reflexos do goberno local para reformar, en tempo e forma, o sistema ORA. "Parece que cando as nosas iniciativas son do agrado do goberno socialista, como non son da súa autoría prefiren aprazar a reforma do servizo, antes de recoñecer que as ideas do PP son boas e que mellorarán substancialmente o funcionamento da ORA".
O edil popular tamén se felicitou porque o responsable deste área no goberno "agora SI coincide coa formulación que os populares puxeron sobre a mesa, de ter listo un plan de mobilidade antes de facer ningún cambio". Un exemplo da incoherencia coa que traballan Orozco e o seu equipo témola no anuncio que fixeron de implantar o sistema ORA en Concepción Areal, cando ao mesmo tempo propuñan que por esta vía desviásese todo o tráfico que se xerará como consecuencia da peonalización dun novo tramo da muralla (Porta San Fernando - Bispo Odoario).
|
Rozas pide ao señor Rábade que se deixe de anunciar medidas unilaterais, xa que existe unha comisión para debater estes asuntos entre todos. "Parece que seguen sen darse conta de que gobernan en minoría".
Enrique Rozas recordou que o Grupo Popular propuxo tres medidas concretas para reformar o sistema ORA:
|

Rolda de prensa do 15 de Abril en que Rozas expuña as suxestións do Grupo Municipal Popular
|
-
Que se estude o pago por tempo real de estacionamento. O usuario, cando aparca o seu vehículo, saca un ticket e ao marchar a máquina devólvelle o diñeiro polo tempo non consumido.
-
Suprimir o sistema ORA os sábados pola mañá, xa que a ocupación é moito menor que os días de diario.
-
De face á sinalización das prazas Rozas propón que en lugar de marcar os estacionamentos individuais píntese unha liña descontinua na rúa onde estea implantada o sistema ORA. Deste xeito evitaríase que vehículos cunha lonxitude maior que a marcada ocupen dúas prazas.
|