A actividade de Sofía López Linares como médico do Centro de Saúde situado en cálea Illas Canarias, e o seu labor como concelleira do Grupo Municipal Popular foron recoñecidas hoxe pola comisión de festas da Piringalla, que lle outorgou a súa distinción de "Fidalga da Piringalla".
Nun acto presenciado por numerosas persoas, a concelleira popular recibiu de mans da Raíña Infantil das festas este galardón, que distingue ás persoas cuxa vinculación co barrio da Piringalla e o traballo en favor dos veciños desta forma.
Esta cerimonia foi o broche de ouro dunhas brillantes festas, que desde fai varios anos recuperaron os veciños do barrio e ás que cada vez acoden máis lucenses.