| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica o abandono das pistas da zona rural e lamenta o desinterese a falta de previsión do Goberno Local |
16/05/2008 |
|
| |
-
Manuel López Fernández anuncia que "mentres non haxa un plan de traballo e un catálogo denunciarei, parroquia por parroquia, as pistas que estean en mal estado".
-
Para Coeses os populares piden a ampliación dun tramo da vía que pasa diante de Frigsa, e arranxos para as pistas de servizo en Ventositos.
-
Os populares denuncian o incumprimento dunha das condicións que puxo o PP cando deu o seu apoio puntual aos orzamentos do 2008, co que se buscaba solucionar o mantemento dos máis de 500 quilómetros de pistas rurais.
|
| |
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Manuel López, reiterou hoxe a necesidade de que o Concello poña en práctica un plan de traballo e elabore un catálogo das pistas da zona rural para planificar o seu mantemento.
O concelleiro popular explica que en todas as parroquias do municipio hai exemplos de viarios que presentan un lamentable estado e adiantou que mentres o responsable deste área "non se decida a tomar cartas no asunto" denunciará, parroquia por parroquia, os tramos que están intransitables.
Para os populares, Orozco e o seu equipo non só incumpren un compromiso adquirido cos veciños do rural senón que tamén está faltando á palabra dada "xa que unha das condicións para que o PP dese o seu apoio puntual aos Orzamentos para o 2008 era a de estudar a compra ou aluguer dunha motoniveladora, ou ben contratar unha asistencia técnica que dese unha solución definitiva aos problemas de deterioración das pistas"
|
Coeses.-
No caso da parroquia de Coeses o Grupo Popular pide que se amplíe a pista que pasa por diante da factoría de Frigsa, no lugar de Lamablanca. "O ensanche afectaría ao treito que empeza xusto ao pé da factoría ata a estrada da Deputación que pasa por Cuiña".
|
|
Manuel López explicou que este viario atópase nun estado lamentable. A deterioración dos bordos provoca problemas de circulación xa que nalgún tramo é imposible que cando pasa un camión deixe espazo para turismos. Coa ampliación do viario que propón o PP acabaríanse os problemas de seguridade que se rexistran neste punto.
Sen saír de Coeses, o Grupo Popular tamén demandou que se arranxen as pistas de servizo do lugar de Ventosinos. "Están moi deterioradas polo que o acceso ás leiras é moi complicado". Manuel López explicou que existe un perigo real para os agricultores xa que "estamos na época de maior traballo no campo co que o paso das máquinas agrícolas por estas pistas intensifícase, e é necesario que se reparen con urxencia con zahorra ou grava".
Na entrada ao lugar de Villalbite, tamén en Coeses, os veciños quéixanse da deterioración deste tramo, polo que se accede ao núcleo. "De non arranxarse enseguida os veciños terán problemas para pasar".
O concelleiro popular, Manuel López, indicou que estes tres exemplos son só unha pequena mostra do estado de abandono no que se atopan as pistas e camiños do rural do municipio. "Hai unha falta total de previsión", puntualizou.
|
|